Nos últimos anos a proliferación de pequenos hortos en edificios de grandes cidades, obedece á necesidade de moitos urbanitas por recuperar o contacto coa natureza e cos procesos básicos da produción de alimentos. Pero os hortos urbanos tamén supoñen unha vía de escape á tensión, xerado por un modo de vida centrado en lograr resultados dunha forma rápida.Do mesmo xeito, os beneficios do horto como terapia poden estenderse a colectivos que presentan certas dificultades para desenvolverse e integrarse na sociedade en maior ou menor medida.
No noso caso ,para os nenos/as con Necesidades Educativas Especiais, consideramos que o traballo no horto constitúe unha ferramenta fundamental para mellorar tanto o seu estado físico como psíquico.
¿POR QUÉ UNHA HORTA TERAPEUTICA NO NOSO CENTRO?
Existen diversas vantaxes para os rapaces que participan nunha actividade destas características, estes tipo de cultivo en mesas e outros soportes teñen multiples beneficios:
- É unha tarefa creativa, que favorece o traballo mental e a autorrealización, ademáis de ser un exercicio de memoria, ao ter que lembrar os coñecementos adquiridos no campo.
- É unha forma de fomentar unha alimentación saudable.Favorécense hábitos alimentariosxa que os produtos hortícolas que se cultiven neste pequeno horto pasarán á mesa do centro.
- Promove a mobilidade. Xa sexa dentro das instalacións como no propio horto. O esforzo físico empregado é moderado e, se as tarefas realízanse da forma correcta, non implica un desgaste de enerxías significativo durante a realización do labor. É un exercicio moi san, que pode ser moi creativo e que conleva un mellor descanso nocturno, tanto físico como mental. Para persoas con movilidade reducida ou problemas de costas, as mesas de cultivo facilítanlles as cousas.
- É un recurso que parte da capacidade da persoa e nunca do séu déficit, adaptándose ao seu nivel de autonomía, habilidades físicas etc.
- Destaca a súa función terapéutica, xa que o contacto coas plantas e a realización de actividades relacionadas coa agricultura, estimula a movilidade, a capacidade de atención e a vontade por mellorar.
- Funcióna como Orientación Laboral. Nos casos de rapaces que por idade estan na etapa de FP adaptada tamen é unha ferramenta para, ademais de adquirir coñecementos específicos de horticultura, fomentar a responsabilidade cara á tarefa e favorecer o traballo autónomo.
- A versatilidade do horto, xa que pode adaptarse ó traballo dependendo do perfil do aumno que participe na actividade,Tan só é necesario coñecer as opcións que existen (mesas de cultivo para traballar en cadeira de rodas, bancales elevados para non forzar as costas, cultivos de fácil manexo, ferramentas adaptadas,) e ter un pouco de imaxinación para beneficiarnos nós e aqueles que nos rodean das bondades do horto.
- A práctica de actividades participativas e ao aire libre como esta, permite ás persoas con discapacidade intelectual superar moitos dos seus complexos e axúdalles na súa integración.
- Incorpora rutinas creativas. Un horto proporciona un sen fin de combinacións de plantas medicinais, hortalizas e verduras (e tamén de flores e froitas, xa que pode ser un horto-xardín, por exemplo). As correctas asociacións das mesmas e os ciclos propios de cada estación (sementa, coidado e recollida) así o constatan.
- Estimula a atención e a memoria. A pesar de non ser necesario reter unha gran cantidade de información, si é conveniente lembrar certos datos para o cultivo e recollida do que se plantou. Así mesmo, hai que dispor dun mínimo coidado naquilo que se realiza durante todo o proceso.
- Facilita a comunicación, as relacións entre os alumnos a traves de traballos cooperativos ou en grupo.
- Educa en valores positivos de responsabilidade, coidado, investigación e traballo en equipo.
- As tarefas a realizar son repetitivas. Este aspecto facilita a distribución das mesmas, tanto de forma individual como colectiva, e un fácil seguimento da súa realización.
- Promove ideas e conceptos relacionados coa Natureza e o bo uso dos seus recursos. Un horto é máis que un espazo físico onde cultivar, xa que proporciona un atractivo paralelo ao vincularse a temas ecolóxicos (reutilización de residuos mediante compostadores, produción propia de alimentos, abonos biolóxicos, etc.).
Todos estes factores posibilitan a mellora do seu benestar e a súa calidade de vida.
O HORTO TERAPEUTICO. A LABORTERAPIA
Para os nosos alumnos, o traballo nos hortos é unha vía cara á integración social e a satisfacción persoal, non só polos beneficios que supón a laborterapia ou porque aprenden un oficio que pode darlles para comer, senón tamén pola recompensa que para eles supón sentirse útiles.
O Taller/horto Urbano como instrumento terapéutico, pretende conseguir unha adaptación activa e paulatina á realidade a través dunha actividade grupal centrada nunha tarefa específica, favorecendo as actitudes de responsabilidade e a asunción de novos roles.
A laborterapia fomenta a capacidade de actuar, de sentir e de crear, e tamén un aspecto socio-emocional, a correspondencia entre o alumno co traballo e as relacións interpersoais, asemade, é un dos métodos que se usan para manter ou rehabilitar determinados aspectos físicos, mentais ou sociais da persoa.
Algúns dos elementos que poden compor este tipo de actividade son os seguintes:
- Sensoriais, mediante estímulos táctiles, visuais, orientación espacial.
- Neuromusculares como son a forza, resistencia de determinados obxectos, a postura axeitada para realizar a actividade, tanto da persoa como do obxecto que manipulamos.
- Motores, pola coordinación tanto a nivel visual como manual.
Pingback: Blog del proyecto Voz Natura – CEE. NTRA. SRA. DE LOURDES