3. ADAPTACIÓN DOS ESPAZOS E SINALIZACIÓN

O mes de Outubro adicarémolo a mercar o material necesario para a posta en marcha da horta urbán, e dicir: as mesas de cultivo, os elementos para a suas adaptacións, sementes, plantas, sustrato, ferramentas básicas e outro material que sexa necesario. Unha vez feito isto procederemos a súa ubicación e instalación, botaremos o sustrato nas mesas e ubicaremolas convintemente.

Creación, acondicionamento e adaptación do espazo as necesidades detectadas nos alumnos.

O que faremos nesta segunda fase será, xá cós alumnos no espazo, detectar as necesidades específicas de adaptación tanto do espazo de traballo coma dos materiais que foran precisos. Acondicionaremos o espazo de traballo eliminando, si as houbera, barreiras arquitectonicas ou posibles necesidades que se detecten unha vez que empecen os rapaces o traballo nos bancos/mesas de cultivo.

Ademáis das que poidan xurdir, consideramos algunhas adaptacións e/ou recursos como imprescindibles para a posta en marcha de dito proxecto e que deben ser executadas canto antes. Estas serán:

As mesas de cultivo.

Buscaremos a altura axeitada os alumnos, en funcion das suas características e necesidades, para que incluso, se fose necesario unha cadeira de rodas poda acercarse as mesas e poder traballar sen probemas.Serán estables e sen obxetos ó seu arredor que impidan o cercamento máximo posible dos alumnos ó mesmos.

Sin nombreO Rego

 Debido os problemas de motricidade que presentan alguns dos nosos alumnos, adaptaremos esta tarefa (fundamental e sempre motivadora para os rapaces) co único obxectivo de que calquera dos nosos alumnos podan participar nesta actividade.

Esta adaptación, farémola empregando un sistema electrónico mediante o uso dun pulsador inalámbrico accesible.Este sistema, denominado de acceso por pulsador, consta dun dispositivo innalámbrico cun receptor que acciona unha electroválvula, a cal, regula o paso de auga para o rego mediante un proceso de nebulización do bancal. Con isto calquer alumno, independientemente das suas capacidades motrices, poderá participar nesta actividade.

Sin nombre

A Comunicación: FACILITAR A COMPRENSIÓN E COMUNICACIÓN DOS ALUMNOS.

Un dos grandes problemas co que nos atopamos en calquer actividade cos nosos alumnos, son as necesidades de apoio e adaptación na comunicación que presentan, xa e que dificultan a súa interacción cos demais e co seu entorno. En calquer actividade que deseñemos para eles sempre teremos que facilitar a súa comprension e comunicación.

O proxecto na horta terapeútica serviranos para abordar o traballo de comunicación en diferentes niveis, dende aqueles alumnos que empregan a linguaxe oral até outros que precisan de diversos SAAC para comunicarse.

As actividades e tarefas deseñadas neste proceso servirán de base para levar a cabo un traballo tanto na dimensión comprensiva como expresiva da linguaxe.

De cara a facilitar a comprensión dos materiais e tarefas, así como á hora de adquirir e manexar de xeito funcional o vocabulario propio relacionado, será necesaria a sinalización dos diferentes espacios, materiais, ferramentas e productos, poidendo empregar para iso carteis onde se recollan diversas formas de simbolización: a imaxe (foto), o pictograma, un obxeto que o represente, así como a etiqueta verbal (palabra).

 Un aspecto moi importante de cara a facilitar a comprensión das actividades a desenvolver será levar a cabo unha anticipación das tarefas, aproveitando para traballar asimesmo a organización e secuenciación temporal. Dita actividade farase tanto de xeito oral como co apoio de diversos SAAC, segundo as necesidades específicas de cada alumno/a (obxetos, pictogramas, fotografías…).

imagesEn torno ás diversas fases ou tarefas do proxecto poderemos desenvolver diversas actividades de comprensión e/ou expresión, tales como: ordenación da secuencia da tarefa, resposta ante diversas preguntas sobre a mesma, descripción do traballo realizado, adquisición e emprego de novo vocabulario, etc.mediante o uso e aplicación das novas tecnoloxias, empregando distintos elementos coma poden ser os comunicadores cuio software resulta de gran axuda no desenvolvemento integral dos alumnos. Este recurso, demais de ser un elemento motivante que reforza e complementa os paneis que poidamos ter deseñados, facilita e favorece enormemente o aumento das posibilidades do alumno para comunicarse e entender como se organizan e se realizan as distintas tarefas nas que participe.

CARTÉIS E PICTOGRAMAS QUE EMPREGAREMOS:

(Os pictogramas son obra de Sergio Palau e extraidos da web ARASAAC)

  • Mesa de olores

 mesaolores

  • Mesa de Sabores

mesasabores

  • Mesa das Cores

 mesacolores

  • Horto/a dos sentidos.

 huertosentidos

  • Plantar

 sembrar

  • Regar

 regar

  • Trasplantar

    plantar

  • Quitar herbas

 desherbar

  • Recuperadores auga de choiva

 depositolluvia

  • Sementes

 semillas

  • Ferramentas de Xardín

 jardin herramientas

  • Caixas para tocar(caixas sensoriais)

 aula multisensorial

  • Comer

 comer

  • Beber

 tomar

  • Bandexas

 bandejas

  • Semilleiros

semillero

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *