2. O NOSO CENTRO E OS ESPAZOS DE TRABALLO

O Centro de Educación Especial Ntra. Sra. de Lourdes -Aspronaga de A Coruña,  ten escolarizados no presente curso académico 2014/15 a 56 alumnos con necesidades educativas especiais, asociadas à discapacidade intelectual e con diversas necesidades de apoio, dos cales se implicarán aproximadamente18 alumnos aproximadamente o 32% do Centro no proxecto de Voz Natura.

photoOs seguintes puntos reflexan o tipo de centro do que estamos a falar:

1.- Entorno Físico:

O Centro está situado na rúa Pérez Lugín, 10, na Coruña, nun antigo chalé adquirido pola Asociación ASPRONAGA na zona de Cidade Xardín, transformado e ampliado paralelamente á creación de unidades escolares na medida en que as necesidades de atención ós alumnos así o requerían.

A maioría do alumnado reside na propia cidade, as rúas do barrio en xeral son estreitas e con chalets ó redor. Hai outros centros escolares, parques e espacios de recreo ben acondicionados que podemos empregar como espazos naturais, que apoien e reforzen os obxectivos que buscamos con este proxecto.

Nesta imaxe pódese ver con máis detalle a situación do colexio dentro da zona de Cidade Xardín na Coruña

mapa

2-Tipoloxía escolar:

Titularidade: Privada concertada, dependente de ASPRONAGA, pero sostido con fondos públicos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Niveis Educativos: Educación Especial, cas etapas de Formación Básica e Formación Profesional Adaptada.

Unidades:      – Nº de unidades concertadas: 11

-Nº de unidades en funcionamento: 11

Tipo de xornada: Funciona en réxime de media pensión, con xornada escolar dobre, de 10:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas de atención docente, e de 17:00 a 18:00 horas de atención non docente.

Sin nombre3.-Servicios que presta o Centro:

Ademáis da atención pedagóxica, axeitada a cada alumno partindo do noso Proxecto Curricular de Centro e facendo as adaptacións pertinentes, o Centro ofrece ademáis os seguintes servicios:

-Psicólogo-orientador.

-Logopedia.

-Fisioterapia.

-Asistencia Social.

-Comedor Escolar.

-Transporte Escolar.

Sin nombre

4. -Espazos onde se desenvolverá o traballo

As mesas de cultivo, e dicir onde se vai desenvolver o proxecto, correspóndese cunha zona situada na entrada do colexio, onde a día de hoxe se atopa a zona de cultivo en terra. Nesta zona estánse a realizar unhas reformas e melloras cementando e cubrindo todo o espoazo co cal o curso próximo disporemos dunha zona completamente cuberta e plenamente accesible.

O feito de que sexa éste un espazo cuberto, permitirános traballar de forma sistemática e continuada no tempo ( independientemente da climatoloxía) o proxecto,garantindo deste xeito a realización das actividades programadas que o forman, redundando na mellora da calidade de vida dos rapaces que nel van a participar.

Ademais, despois da reforma, este será un espazo sen excesivas barreiras, xa que non terá grandes desniveles para o acceso a zona de cultivo onde colocaremos as mesas,e pólo tanto permitirá ser accesible a todolos alumnos independientemente das súas afectacións a nível motriz.

Este é o aspecto que presenta dito espazo no momento de comezar o proxecto:

cole1 cole2

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *