4. ACTIVIDADES

Como aparece explicado na xustificación, o obxectivo de cultivar,coidar e obter plantas e hortalizas,ainda sendo importante, non é nin moitisimo menos o único que nos plantexamos,  o que queremos e darlle a este proxecto non so a perspectiva tecnóloxico/práctica senon incidir mais na importáncia do seu carácter TERAPEUTICO E REHABILITADOR tendo en conta as características do noso alumnado.

O que buscamos e que a actividade da horta, ademais de servirnos para traballar habiliades manipulativas básicas, e incluso profesionais, a través da laborterapia sexa o vehículo para un traballo de estimulación multisensorial,e dicir, coa horta traballaremos e estimularemos os nosos sentidos.

Para todo isto teremos dúas mesas de cultivo onde realizaremos dous tipos de plantacións atendendo o tipo de planta.Neste proxecto debido a sua certa complexidade para que vai dirixido e con fin de aproveitar ó maximo o tempo na zona de cultivo,obtaremos póla compra de plántulas,plantas ou bulbos dependendo da espécie, evitando si é posible a realización de semilleiros.

WP_002476

1.-MESA DE HORTALIZAS.

Nesta mesa plantaremos distintos tipos de hortalizas realizando asociacións entre plantas dependendo da estación do ano. Antes de poñernos a traballar coa nosa mesa, temos que ver o espazo que temos e as plantas que queremos cultivar. Para iso, adóitanse usar uns esquemas básicos de asociacións entre distintas plantas sobre os que empezar a organizar o noso espazo de traballo. Estas asociacións fanse polas propiedades mesmas das plantas, é dicir, porque son beneficiosas (por exemplo: prevención de pragas) e ademais porque os seus ciclos vitais aseméllanse ou complementan, de tal maneira que non teñen que competir polo espazo.

Tempada outono-inverno

Para esta época do ano unha posibilidade de asociación é a combinación de leitugas, acelgas, espinacas e repolo (de maior tamaño), con cenorias e cebolas. Aquí un exemplo para unha mesa de cultivo de 150 x 75cm.

tabla1

Tempada primavera-verán

Nesta época do ano podemos combinar tomates, pepinos e leitugas (de maior tamaño) con rábanos, remolacha e cebolas. Por exemplo:

tabla1

2.-MESA DE HERBAS.

Plantaremos distintos tipos de herbas tanto aromáticas, culinárias e medicinais.Evidentemente pólo reducido do espazo escolleremos as mais comuns de cada tipo.

Por poñer alguns exemplos poderíase plantar aromáticas coma Lavanda, culinárias coma o perexil,orégano,albahaca…. e medicinais coma melisa,herbaluisa,ruda,tila,valeriana.

Deixar clara unha cousa,ainda que se poden clasificar así, xénericamente coñecense todas por aromáticas,xa que este tipo de plantas normalmente poden pertencer a varios grupos P.Ex, moitas das que serven de condimentos na cociña despois tamen teñen propiedades medicinais por exemplo o romero a menta.

De estas duas mesas de cultivo ou traballo podemos identificar unha serie de actividades unha de caracter mais operativo ou tecnoloxico que encerra tecnicas basicas do perfil profesional de horticultor e outras de indole mais terapeutico enmarcado nun proceso moi basico de estimulación multisensorial.

Dentro das actividades de caracter técnico as tarefas necesareas a realizar serán:

  • Trasplantado das plántulas a mesa de cultivo

  • O regado,que como dixen antes estará adaptado.

  • O abonado con materiais organicos non periogosos

  • O control fitosanitario

  • O entutorado

  • O deserbado/clareo

  • A recolección dos froitos e flores e follas

Todas elas sempre que sexa posible realizaranse sin o uso de ferramentas preferiblemente coas mans.Probablemente algunha destas tecnicas(entutorado ou o control de pragas) por ser complexas e pouco significativas necesitarase do apoio do monitor/profesor ou directamente será este o que as realice.

No outro aspecto mais terapéutico podense dar dous casos un traballar e estimular as sensacións a traves das actividades anteriormente descritas(procesos técnicos) na horta e outra deseñando e poñendo en practica o que poderíamos denominar obradoiros ou sesions de estimulacion multisensorial nestes obradoiros que se poderian desenvolver en outros espacios comedor,aula/fogar etc poderíamos traballar e estimular sensacións de multiples formas tantas como se nos ocorran aqui van algunhas propostas.

Traballaríamos….

  • O tacto, ó priorizar o uso das mans frente as ferramentas tocaremos distintas texturas e matérias a terra,as plantas,a herba a auga…ou tamen tocar hortalizas duras e blandas redondas cilindricas etc,etc
  • A vista: Mirando e observando formas e cores de distinto tipo que teremos na mesa sobre todo
  • O olfato: Podemos ulir os matices característicos de distintas hortalizas o ser arrancadas,ralladas ou cortadas.Non olvidemos o olfato e unha via privilexiada para acceder as emocions por isto teremos a posibilidade de explorar e sentir este tipo de sensacións por exemplo cun obradoiro coas plantas aromaticas ou outras que cultivemos mesa de herbas,
  • O gusto: Probaremos e comeremos distintos tipos de hortalizas crudas ou cociñadas e experiementaremos cales son os matices do seu sabor,agria,dulce.,ademais na mesa de herbas tamen poderemos degustar plantas comestibles con multiples matices ou a través de infusions,brevaxes, etc,etc
  • O oído:Este tipo de dinámicas en entorno exteriores e relaxantes axudan a aprobeitar e disfrutar o que alguns especialistas denominan sonidos beneficiosos para a saúde alguns como o son os sons da natureza por exemplo o vento,o canto dos paxaros,o son da auga etc,relaxan e crean sensación de benestar.
  • A comunicación:a traves das taboiros de comunicación anticipando as actividades e favorecendo os procesos comunicativos dos alumnos que presenten mais problemas nesta habilidade.

list_640px Ademais destas propostas de actividades poderiamos facer aprobeitando as plantas e hortalizas outros obradoiros coas plantas obtidas da denominada mesa de herbas como proposta poderían ser:

  • Realizar un obradoiro de bolsas aromáticas.
  • Realizar un obradoiro de elaboración de infusións.
  • Realizar un obradoiro moi básico de Fitoterapia(a Fitoterapia estudia a utilización das plantas medicinais e o seus derivados con finalidade terapéutica, xa sexa para previr, para aliviar ou para curar as enfermedades). Como Obxectivo para este Obradoiro tentaríamos elaborar,sempre tendo en conta as capacidades dos alumnos e a significatividade da actividad, un botiquin básico coas herbas mais coñecidas entre as que figuran as seguintes:
    • Artemisa, Aloe Vera, Árnica, Caléndula, Lavanda, Manzanilla, Menta, Milenrama, Orégano, Romero, Salvia, Tomillo, Valeriana

WP_002478Os restos orgánicos, tanto procedentes da limpeza da horta como os procedentes das actividades de cociña e restos de comida, compostaremolos, e servirán como abono de cara a futuras plantacións.

Para isto, empregaremos o compostador que xá temos de outros proxectos de Voz Natura .          compost

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *