ELABORACIÓN E COLOCACIÓN DOS CARTÉIS DE SINALIZACIÓN E PANEIS DE COMUNICACIÓN

Unha das características   comúns dos rapaces que participan no proxecto deste ano e   a necesidade que teñen de apoio e adaptación na súa comunicación, por isto, unha das primeiras accións a desenvolver neste proxecto foi a elaboración de carteis e paneis, empregando distintos tipos de imaxes ou pictogramas perseguindo un doble obxectivo,por unha banda, facilitarlle a identificación dos distintos espazos de traballo ( mesas de cultivo, obradoiro… ) así como das distintas ferramentas e materiais que necestamos empregar.   Por outro lado, buscamos anticiparlle e explicarlle en cada sesión os contidos e tarefas a realizar de xeito que comprendan e entendan qué é o que imos facer en cada momento.

 Para isto, o que fixemos foi seleccionar, coa axuda da logopeda do centro, os distintos pictogramas que necesitamos, adaptámolos ás nosas necesidades, plastificámolos e pegámolos sobre unhas bases de tablex ,previamente pintadas todas cunha mesma cor de fondo, para elaborar tanto os carteis de sinalización coma os paneis de comunicación.

Unha vez elaborados os carteis definitivos, procedemos a súa colocación nas mesas de cultivo e nos distintos espazos de traballo.

 

Esta entrada fue publicada en A VISTA, COMUNICACIÓN y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *