FACEMOS SEMENTEIROS EN BANDEXAS DE PLÁSTICO

Esta e foi una actividade que realizamos nunha sesión no obradoiro. A actividade consistía en plantar, nunha bandexa de cultivo, semente de cebola.
O obxectivo que buscábamos como en todas as actividades deste proxecto era doble por una banda traballar e coñecer o proceso de plantado e os materiais e as ferramentas que necesitamos para realizalo, e por outra ( a mais importante) a nivel sensorial, traballar distintas sensacións, por exemplo….
Ademais da paleta de xardinería empregamos a nosas mans collendo e botando a terra nas celdas da bandexa e manipulando outras texturas e materiais como as sementes ou a auga coa que regamos o sementeiro…


Ademais ulimos diferentes tipos de sementes tentando identificalas…
Paralelo a todo o anterior tentamos discriminar visualmente por tamaño, forma e cor os distintos materiais que íbamos necesitando no proceso, dispoñendo en varias bandexas, distintos tipos de sementes e distintos tipos de materiais para o plantado coma area, terra e corteza de pino.


Temos que recordar una vez mais que en todas as actividades que se realicen dentro deste proxecto priorizaremos os aspectos sensoriais frente os mais técnicos e dicir invitaremos sempre os alumnos a empregar as suas mans frente aó uso de ferramentas buscando nas actividades o contacto e a estimulación sensorial dos rapaces.
Estas plantas pasarémolas nun futuro a mesa de sabores.

 

Publicado en A VISTA, COMUNICACIÓN, O GUSTO, O OIDO, O OLFATO, O TACTO | Deja un comentario

COMEZAMOS A PLANTAR

Nesta sesión a actividade principal foi a plantación e transplantado das distintas hortalizas e plantas aromáticas  nas mesa de sabores e mesa de olores respectivamente.

Despois de mercar as plantas pouco a apouco fomos pasandoas as distintas mesas na mesa de sabores plantamos as hortalizas típicas de inverno  coma son Berza,leituga,cebola allo,acelga,chícharos e faballóns.

Na mesa de olores prantamos o redor de 12 especies dinstintas dende as mais coñecidas coma oregano,salvia,perexil ata outras menos frecuentes coma o calanchoe ou a Estevia,Grazas a esto poderemos ulir e probrar tamén dististas fragancias e sabores que van dende a menta o dulce da salvia.

 

Publicado en A VISTA, COMUNICACIÓN, O OIDO, O OLFATO, O TACTO | Deja un comentario

ELABORACIÓN DAS MESAS DE CORES

Unha vez que plantamos e puxemos en marcha as mesas de sabores e olores tocoulle o turno á mesa de cores ,esta e unha mesa formada por  plantas de diversas e variadas cores, a especie que escollemos foron as prímulas por ser estas una das poucas especies con flor que aturan o inverno.

A creación desta mesa permitiranos (ademáis do traballo a nivel manipulativo con tarefeas especificas de laborterapia como o trasplantado, abonado ou regado) traballar tamén a nivel sensorial a discriminación e identificación de distintas cores e olores. Publicaremos mais adiante algún exemplo de traballo sensorial  nesta mesa.

 

Publicado en A VISTA, COMUNICACIÓN, O OIDO, O OLFATO, O TACTO | Deja un comentario

O XARDÍN DOS SENTIDOS

Unha das  primeiras actividades que fixemos foi acondicionar  e adaptar o espazo onde despois realizaríamos todo o traballo relacionado coas actividades de laborterapia,  actividades de caracter técnico, as tarefas basicas a realizar son:

  • Realización de semilleiros
  • Trasplantado das plántulas a mesa de cultivo
  • O regado,que como dixen antes estará adaptado.
  • O abonado con materiais organicos non periogosos
  • O control fitosanitario
  • O entutorado
  • O deserbado/clareo
  • A recolección dos froitos e flores e follas

Para isto montamos as três mesas de traballo,colocamos o sitema de rego e os contenedores para a captación da auga da choiva.

 

Publicado en A VISTA, COMUNICACIÓN, O OIDO, O OLFATO, O TACTO | Deja un comentario

ELABORACIÓN E COLOCACIÓN DOS CARTÉIS DE SINALIZACIÓN E PANEIS DE COMUNICACIÓN

Unha das características   comúns dos rapaces que participan no proxecto deste ano e   a necesidade que teñen de apoio e adaptación na súa comunicación, por isto, unha das primeiras accións a desenvolver neste proxecto foi a elaboración de carteis e paneis, empregando distintos tipos de imaxes ou pictogramas perseguindo un doble obxectivo,por unha banda, facilitarlle a identificación dos distintos espazos de traballo ( mesas de cultivo, obradoiro… ) así como das distintas ferramentas e materiais que necestamos empregar.   Por outro lado, buscamos anticiparlle e explicarlle en cada sesión os contidos e tarefas a realizar de xeito que comprendan e entendan qué é o que imos facer en cada momento.

 Para isto, o que fixemos foi seleccionar, coa axuda da logopeda do centro, os distintos pictogramas que necesitamos, adaptámolos ás nosas necesidades, plastificámolos e pegámolos sobre unhas bases de tablex ,previamente pintadas todas cunha mesma cor de fondo, para elaborar tanto os carteis de sinalización coma os paneis de comunicación.

Unha vez elaborados os carteis definitivos, procedemos a súa colocación nas mesas de cultivo e nos distintos espazos de traballo.

 

Publicado en A VISTA, COMUNICACIÓN | Etiquetado , , , | Deja un comentario