Modelamos figuriñas con “porcelana fría” que nós mesmos fabricamos

Os de 2º de ESO estiveron traballando con materiais plásticos como corresponde co currículo da materia de Tecnoloxía. Pero tamén se atreveron a fabricar un plástico non agresivo co medio natural e sen toxicidade. É un plástico que se moldea en frío e que, co paso do tempo, fragua e endurece dun xeito considerable. Parece como unha plastilina pero que se pon dura o deixala secar un par de días. Por ahí adiante coñécese como “porcelana fría”.

A porcelana fría é unha masa que esta composta de cola vinílica e fécula de millo basicamente. Coñecida en todo o mundo, en cada rexión ou país recibe un nome diferente.  Chámanlle masa flexible, Porcelanicron, Biscuit ou pasta de Maicena, entre outros.

É un material co que se poden modelar volumes pequenos e tamén de gran tamaño.  As súas características son suavidade, brancura e elasticidade.

A masa non require de forno xa que seca a temperatura ambiente. Outra das súas características é que a medida que seca perde do 15% ó 20% do volume inicial. Por este motivo é bo ter en conta as proporcións do que se desexa modelar e tamén deixar ven ventilado o obxecto para que non cuartee.

A porcelana pódese colorear ou tinguir con acrílicos, temperas, óleos e colorantes vexetais ou tamén unha vez seca a peza pódese pintar e lograr diferentes efectos.

Receita aproximada da “porcelana fría”

  • 500 grs cola vinílica (cola branca de carpinteiro)
  • 300 grs fécula de millo
  • Unha cullerada (10 c.c) de aceite corporal
  • Unha cullerada de glicerina ou, no seu defecto, unha de vaselina
  • 10 gramos de benzoato sódico ou, no seu defecto, 10 cc de alcol como conservante

O proceso de “cociñado” é o seguinte:

Primeiro mestúranse todos os ingredientes e reméxense ben, que non queden grumos de fariña. O aspecto é dunha crema compacta, coma se fose pintura plástica espesa. Aquí xa se pode pigmentar a crema usando colorantes coma témpera líquida, colorante alimentario ou calquera outra pintura escolar que se disolva ben.

A continuación ponse o fluído a quentar nunha tixola, a lume lento (na cociña de indución onde a fixemos estivo no nº4), e remexemos lentamente durante 10 ou 15 minutos. Pasado o tempo e coa masa a uns 50 ºC a cousa empeza a callar. Parece un proceso similar ó de cociñada da bechamel. na imaxe podedes ver o aspecto neste intre.

Logo hai que remexer evitando que a masa se pegue no fondo da tixola.

Pasados cinco minutos teremos unha masa moi compacta que debemos retirar do lume para evitar que se toste ou empece a fraguar en sólido.

Sen esperar a que arrefríe, amasamos enerxicamente a “plastilina” e envolvémola en pequenas doses en papel de celofán para que non seque. O tamaño de cada paquetiño pode roldar entre 100 e 300 gramos, o suficiente para usar dunha soa vez con posterioridade.

Aquí tedes algunha das figuriñas que fixemos.

Aditivos adictivos

Os rapaces de 3º de ESO fixeron unha escolma dos principais aditivos alimentarios que resultan nocivos. A maioría inxerímolos sen percatarnos da súa presenza nos alimentos manipulados industrialmente e semellan ser inocuos. Pero se mirades un pouco máis atentamente poderedes ver que non é así.

Coidado co que comedes, rapaces e non tan rapaces. Moitas lambonadas conteñen aditivos que son adictivos. Moito ollo. Aquí vos deixamos un resumo dos máis importantes que se atopan en chicles, aperitivos, patacas fritidas, ketchup, refrescos, embutidos, precociñados, etc:

GLUTAMATO MONOSÓDICO – E-621
GLUTAMATO MONOPOTÁSICO – E-622
GLUTAMATO CÁLCICO – E-623
GUANILATO DISÓDICO
ASPARTAMO – E-951
SACARINA SÓDICA – E-954
ACESULFAMO-K – E-950
FURANO
ACRILAMIDA

Fabricamos iogur caseiro

A idea de fabricar iogur caseiro xurdiu cando estabamos estudando os microorganismos na materia de ciencias naturais. Sabemos que algúns microorganismos utilizan os nosos alimentos como fonte de materia e de enerxía. Algúns contaminan os alimentos, estráganos e inutilízanos para o consumo humano pero hai outros que ao contrario, transforman uns alimentos noutros de grande importancia económica.

Fixemos grupos pequenos de alumnos para que cada un citase algúns exemplos do papel beneficioso ou prexudicial dos microorganismos nos alimentos e así despois organizar unha posta en común. Entre as distintas ideas xurdiu a transformación do leite en iogur e o zume de uva en viño. O paso seguinte foi obter información e levalos á práctica.

O iogur é o resultado da fermentación láctica do leite mediante dúas bacterias: o lactobacillus bulgaricus e o spreptococcus thermophillus. O iogur contén moitas máis bacterias pero só estas dúas son as responsables da fermentación aceda do leite. As bacterias, a unha certa temperatura, nútrense da lactosa do iogur e producen un produto de desfeito que é o ácido láctico que dá ao iogur o seu aroma e acidez característicos.

 Ingredientes para fabricar iogures:

  •  1 litro de leite (mellor se é fresca, non pasteurizada)
  • Lactobacillus bulgaricus e spreptococcus thermophillus, que os atopamos nun iogur natural ou en sobres (fermentos para iogur) que podemos comprar en centros especializados.
  • Azucre
  • Leite en po (opcional para dar máis cremosidade)
  • Aromas, froita, chocolate, café, vainilla, etc.
  • Tarros ou vasos de vidro con ou sen tapa
  • Un termómetro
  • Unha iogurteira.

Preparación do iogur caseiro:

Mesturamos o leite co iogur ou cos fermentos. Engadimos unha cullerada de leite en po se queremos un iogur máis denso e un pouco de azucre. Dividimos o leite entre os vasiños da iogurteira, acendemos e deixamos durante toda a noite (normalmente desde un mínimo de 8 horas a un máximo de 12). Tapamos os envases e deixamos no frigorífico polo menos durante 3 horas.

O iogur xa está listo para o seu consumo!

Como podedes ver é unha práctica fácil, rápida e moi económica para estes momentos de crise. O resultado obtido foi boísimo polo cal decidimos repetir a fabricación variándolle os aromas, a nos particularmente o que maís nos gusta e o que lle incorporamos anacos de froitas: fresas, melocotón e kiwi.

Cría de animais domésticos: “O curral”

Estas pitas de Mos que vedes na foto foron criadas polos alumnos de 1º e 2º de ESO desde que eran ovos.

Fabricaron unha incubadora e mantiveron os ovos a 28 ºC durante tres semanas.

galiñeiro_02

Houbo que darlles a volta todos os días (ou case) porque senón os pitiños desenvolverían malformacións que lles impedirían vivir. A Natureza é moi sabia e, por iso, as galiñas fano instintivamente no niño metres están chocando. Aquí tedes o invento aínda cos ovos dentro.

incubadora 01

 

Tivemos que construirlles ós pitiños unha casiña quente para que non morreran de frío. A galiña méteos debaixo do seu corpo para darlles calor. Nós tivemos que cambiar a mamá galiña por unha lámpada de 20 watios, desas de filamento incandescente, porque as de baixo consumo non serven porque non desprenden calor.

incubadora 02

 

Os pitos comen ben e  medran rápido. Dos seis que naceron sobreviviron catro e son negros coma o carbón. Parecen corvos.

incubadora 03

Ó principio tiñámolos metidos na aula de ciencias onde deixaron unha profunda pegada… olorosa. Construímoslles unha terceira casa: o galiñeiro do patio. O malo foi adaptarse porque tiveron que pasar dos acolledores 20ºC da aula ós xélidos -2ºC da noite luguesa. Menos mal que xa criaran plumas para soportar a friaxe. Foi moi curioso porque cando as ceibamos xuntáronse nun grupiño e piaban como chamando por alguén que lles axudase. Non eran capaces de meterse no caseto e así pasaron a noite fóra. Tardaron dous días en meterse para adentro. Seguro que iste comportamento ten moito que ver coa falta dunha galiña que as criase e lles transmitise o ensino de supervivencia.

galiñeiro_03

 

Bienvenidos al proyecto “EnCargados”

En esta nueva edición del programa Voz Natura nos vamos a poner las pilas. Hemos enfocado nuestros proyectos hacia el desarrollo de alternativas energéticas y de consumo de recursos tal que sean realistas, que proporcionen resultados satisfactorios y que, al mismo tiempo, sean respetuosas con el medio ambiente. Queremos ser creativos y por eso os adelanto algunhas de las ideas que estamos llevando a cabo:

1.- Cultivo de una huerta solidaria

2.- Cria de animales domésticos: “El corral”

3.- Estudio de genética con peces: “Los peces cebra”

4.- Los cuidados del viñedo y la obtención del vino

5.- Métodos alternativos de obtención de energía: “Batería con aluminio del bocadillo”

6.- Trabajos con plásticos biodegradables.

7.- Reforestación con especies autóctonas.

Sólo esperamos contagiaros de nuestro optimismo.

DAVID MOURE – O leproso e o seu desexo

Era unha vez un leproso que vivía nunha cova. O pobre sentíase moi triste xa que desde os trece anos de idade lle viñera esa emfermidade e se tiverá que apartar da familia. Un día, cando xa estaba canso de fuxir da xente, sentouse diante dun río e pareceulle fermosa a auga que corrría río abaixo.

De repente aparecéuselle a auga en forma de muller e díxolle:

“Ola meu fermoso leproso, dulce por dentro e dulce por fóra, canto ansiaba a túa visita a este meu lugar de onde eu estou”. Deus está de testigo de que te hei agasallar”.

E preguntoulle o leproso, interrumpindo:

“De que desexo me falas miña señora auga”.

A auga díxolle:

“Eu fáloche de que che concederei calquer desexo pola túa bondade e a túa amabilidade e o máis importante concédocho polo teu sufrimento”.

O leproso dixo:

“Eu quero que me elimines a lepra para formar unha familia, ter un traballo e ser, sobre todo, feliz”.

A auga fixo o que o leproso lle dixo, e o leproso preguntoulle:

“Queres que faga algo por ti?”.

A auga o único que lle contestou foi:

“Quero que sempre que poidas veñas verme e, de paso, limpar un pouco estas miñas augas tan sucias, ás que a xente se atreve a tirar de todo con tal de sacalo de enriba”.

O leproso dixo:

“Así o farei miña señora da auga: como ti me curaches a lepra eu comprométome a coidarte sempre que poida as túas fermosas augas, ensuciadas pola mala gaita que temos os humanos”.

E así rematou a historia, conseguindo o leproso a familia que anhelaba, tendo fillos e tendo un traballo e, o máis importante, que ía todos os días xunto a súa señora auga a limpar as suas correntes para que, como dicía el, se visen fermosas e relucentes.

DAVID MOURE – O por que da furia do mar

Antes, os deuses namorábanse de mulleres mortais como foi o caso do deus do mar, coñecido polo nome de Poseidón. El estaba namorado dunha muller chamada Alba Vitreas Sorcatus que era de orixe Romana.

El namorouse de tan marchita veleza que tiña a muller así que un día aparecéuselle en forma humana. Empezáronse a coñecer e cando se deron de conta, un estaba namorado do outro.

O seu amor levounos a cometer un erro que foi o fruto do seu amor e quen ía ser máis ca un fillo de Alba, a mortal, e o eterno Podeidón, o Deus dos mares.

Cando naceu o fillo de Poseidón, este tívose que apartar de el porque, como era un Deus, o seu deber era coidar o mar pero tíñao abandoado porque desempeñaba as súas obrigas de atender ó fillo. Entón Zeus, o pai dos deuses, díxolle que tiña que atender as súas obrigas, que para íso fora nomeado Deus do mar e non para andar coas súas preocupacións particulares.

Castigouno a non poder ver máis nin ó seu fillo nin a súa amada Alba e, por iso, as augas dos mares andan tan levadas do demo, porque Poseidón odia ó seu irmán Zeus por castigalo sen poder ver ó seu fillo e á súa amada.

IVÁN FONTELA – Eu gasto moita auga

Eu, na miña casa, gasto moita auga porque me baño e bótoa por fora. E lavando os dentes non cerro a billa. Na miña casa gastamos moita auga pois temos moito tempo a billa aberta, tanto para lavar os dentes como lavar os pratos

A auga é un ben escaso: só o 0,2% da auga terrestre é potable e non se pode desperdiciar.

Para aforrar auga hai que cerrar todas as billas ben e, en vez de bañarse, hai que ducharse.

Nos países pobres coma os de África a auga é escasa e hai pouca potable e para conseguila teñen que percorrer varios quilómetros .

Nos pobos non hai depuradoras porque hai fontes ou teñen pozos e a auga e máis pura que a das cidades por que non trae cloro por iso sabe mellor.

A auga hai que conservala por que sen ela non poderiamos vivir porque as plantas non farían a fotosíntese e non producirían osíxeno, e nós non respirariamos nada.

Nas cidades teñen depuradoras potabilizadoras. Estas máquinas collen a auga do río limpa e vai para as casas da cidade.

Na cidade de Lugo tamén puxeron unha potabilizadora.

No verán, nalgúns sitios hai escaseza de auga porque non chove moito e nas casas non hai auga.

En Chantada, nas ribeiras, hai xente que para aforrar auga fixo o seguinte: no tellado puxeron unha canaleta que recolle a auga e vai a un tanque; logo pónselle unha tubería e despois, no sitio que queres que bote, pos unha chave. Por suposto esa auga non vale para beber.

Eu penso que é unha boa idea os que vivan no pobo que fixesen algo parecido.

Tamén era unha boa idea que en todas as fontes de auga potable puxeran chave de paso pois así non se perdería tanta auga.

Eu comprométome a usar mellor a auga, iso si, algunhas veces seguireime bañando.

DAVID MOURE – La historia del pez Martín

Érase una vez un pez, que vivía en el río Asma, vivía con su familia en la charca que toda la especie conocía como “remanso do peto”.

Era época de invierno, grandes heladas y agua tremendamente fría. El río había crecido más de lo habitual y sus aguas se desbordaban por los campos próximos al recorrido del río. Esta época, es época de bonanza para el pez Martín, pero poco a poco, pasa el invierno, el río disminuye su caudal y los propietarios de las fincas colindantes al transcurso del río, abonan estas con purines y compuestos para mejorar la calidad de los pastos; pero por la contra el pez Martín sufre las consecuencias de estas prácticas.

Este no es el único problema que padecen el pez Martín y sus familiares, los furtivos pescando con productos tóxicos ya han acabado con varios de sus familiares y en la época de pesca, los pescadores desalmados ya se han llevado a varios de sus hijos y sobrinos.

El pez martín está cansado de estas situaciones y está pensando en marcharse a una zona más tranquila y apartada del río, pero los problemas en esas zonas también existen ya que hay vertidos de fábricas y aguas residuales de casas unifamiliares.

La decisión está tomada y el pez Martín ha emprendido su camino hacía una zona más apartada del río, ha escogido un cascada en la que el agua está más depurada debido a la caída de la misma desde una altura de tres metros, es la llamada “fervenza do canizo”.

En la nueva casa del pez Martín, sus hijos se divierten mucho con las corrientes de agua y la velocidad de la misma, además su mujer está menos agobiada ya que tiene a sus hijos más ocupados jugando en la cascada. Pero no todo en la cascada es vida de rosas, el gran problemas en esas zonas son los pescadores, saben que los peces están en esa zona y en infinidad de veces se ve aparecer un anzuelo por inmediaciones, en el último año ha perdido a dos familiares en esta zona.

De todas formas el pez Martín tiene muy avisados a sus hijos para que tengan cuidado con los pescadores; pero Martín valora por encima de todo la pureza del agua y la calidad de vida que tiene en esta zona del río.

Fabricación de BIODIÉSEL

Nos últimos tempos estamos a preocuparnos máis polo prezo dos combustibles. A carestía destes produtos é un indicativo clarificador da economía do noso país porque somos completamente dependentes do estranxeiro. Non parece que os prezos vaian a baixar porque estas fontes de enerxía non son renovables, estanse esgotando e, sen embargo, a súa demanda aumenta. Pensemos que en España o 70% da enerxía que gastamos procede do carbón e do petróleo. A enerxía nuclear abastécenos de electricidade e representa un 15% do total. O restante 15% da enerxía consumida ten outras orixes que poderíamos chamar renovables ou alternativas.

Parece importante fomentar as enerxías renovables porque son as enerxías dun futuro non tan lonxano. Para ampliar a banda de tolerancia económica debemos fomentar o coñecemento e o uso destas enerxías.

A proposta que lles facemos ós nosos alumnos é a de fabricar biodiésel a partir de aceites domésticos usados. A actividade resulta moi plástica e recreativa. Induce á participación colectiva e fomenta a recollida selectiva. O aceite procede sobre todo das frituras e, polo tanto, debe recollerse en pequenas cantidades case todos os días. Para isto cada participante disporá dun recepente no que almacenar un aceite bastante deteriorado.

O aceite recollido é unha mestura de tres calidades: oliva, xirasol e soia. Debemos ter en conta a proporción de aceite de soia no proceso porque ten moitos fosfolípidos que alteran as proporcións de reactivos que debemos empregar e tamén xera máis residuos que os outros podendo chegar a cortar a reacción. Proporcións elevadas de aceite de oliva precisan de modificar a cantidade de base empregada porque aporta máis acidez que o de xirasol.

Logo da recollida no centro, procedemos a medir as cantidades necesarias para elaborar entre 10 e 15 litros de biodiésel por sesión.

O equipo de transformación foi realizado por nós mesmos e procede de materiais recuperados. Consta dos seguintes elementos:

·Un reactor químico de aceiro de 25 litros de capacidade, con axitador que se acopla a un taladro e un termómetro para controlar exactamente a temperatura de reacción.

·Un fogón circular eléctrico de 1500 watios.

·Un recepente decantador de 25 litros de capacidade.

·Un recepente de lavado de 25 litros, transparente.

·Botellas de plástico transparente de 5 litros para separar produtos de reacción.

·Mangueiras, embudes, filtros nanométricos e billas para facer os transvases de líquidos.

·Luvas, gafas e outros materiais de seguridade.

Os reactivos químicos que empregamos son os seguintes:

·Alcol metílico

·Sosa cáustica (hidróxido de sodio)

·Reactivos para medir o pH (acidez)

·Vinagre

·Auga

Os produtos obtidos son os seguintes:

·Biodiésel (metil-ester de ácidos graxos)

·Glicerina (propanotriol)

·Aceites residuais

·Auga con fosfolípidos, proteínas e cinxas de aceite queimado.

O proceso de fabricación consta das seguintes etapas:

Decántase o aceite durante uns días para que repousen os lodos.

Fíltrase o aceite das impurezas máis grosas cun filtro de maia non moi fina.

O aceite decantado e filtrado bótase no reactor xunto co metanol e unha pequena cantidade de sosa que actúa como catalizador.

Axítase a mestura a 58 ºC durante 10 minutos cunha axitación forte. Nós utilizamos un taladro de 600 watios para este proceso.

Déixase repousar a mestura 12 horas. Ö cabo deste prazo observamos como aparecen dúas fases: unha superior de biodiésel impuro e outra inferior de glicerina con algo de metanol e impurezas que non reaccionaron do aceite.

Decantamos a glicerina, que é máis densa có biodiésel.

Lavamos o biodiésel dúas veces coa mesma cantidade de auga que combustible. O lavado consiste nunha axitación forte do biodiésel con auga nun recepente transparente. A mestura adquire un aspecto leitoso. Logo engadimos un vasiño de vinagre para iniciar a decantación das proteínas liposolubles que están no biodiésel.

Transcorridas 8 horas o combustible sepárase da auga branquecina e recóllese aparte.

Quéntase o biodiésel a 80 ºC durante 5 minutos para extraerlle a humidade do lavado.

Logo que arrefría pasamos a filtralo nun tecido de maia nanométrica que impide o paso de impurezas moi diminutas que podrían obstruír o filtro do combustible o vehículo.

Este combustible que facemos foi probado primeiramente nun motor dunha segadora que arrancou perfectamente. Logo fixemos probas nun coche, mesturándoo progresivamente nun 10%, 20% etc, co refinado do petróleo. Os resultados foron sorprendentes.

Observamos como o vehículo pasou as probas da ITV de opacidade de gases e tamén que o coche andivo uns 1000 km sen ningún tipo de fallo e coa mesma potencia que usando combustible convencional.

Elaboramos grellas de control de gastos e produción e concluímos que o litro nos sae a uns 50 céntimos, sen contar co traballo persoal.

Un reto foi aproveitar os residuos. Coa glicerina con restos de metanol fixemos dous produtos perfectamente viables: xabón de glicerina e combustible para acender cociñas de leña. A auga do lavado serviunos como líquido fertilizante. Os lodos do aceite (unha cantidade que non chega ó 1% do aceite empregado), envasámolos e levámolos ó punto verde de Lugo.

Como ben se pode ver, esta actividade é moi eficaz nos resultados e tremendamente pedagóxica. O único inconveniente que salientar afecta ó tino que se debe ter na manipulación dos reactivos, que son cáusticos e nocivos. Para manipulalos convenientemente empregamos luvas e gafas de seguridade. Para manipular o metanol sempre o fixemos en exposicións curtas, protexendo boca e ollos, e nunha estancia ben ventilada. Os vapores de metanol poden sertóxicos, pero como reacciona nun recepente estanco non presenta graves problemas ó quentalo a 58 ºC. De feito engadímolo en frío a un aceite proporcionalmente máis quente que o necesario para que a mestura final estea a 58 ºC e sempre por debaixo do punto de ebulición do metanol. Así tamén evitamos problemas de inflamabilidade.

Dentro de pouco farémoslle a competencia a REPSOL.