Estamos construindo un ariete hidráulico

Nestes días imos construír un ariete para bombear auga. Os arietes hidráulicos, son un dos tipos de bomba de auga que funcionan aproveitando a enerxía hidráulica, sen requirir doutra enerxía externa.

Mediante un ariete hidráulico, pódese conseguir elevar parte da auga dun regato ou fonte a unha altura superior. Tamén se pode empregar para regar por aspersión.

O ariete hidráulico foi patentado en 1796, por Joseph Montgolfier (1749-1810), consiste nunha máquina que aproveita unicamente a enerxía dun pequeno salto de auga para elevar parte do seu caudal a unha altura superior.

A partir da súa invención, o ariete hidráulico tivo unha ampla difusión por todo o mundo. Baste dicir, a modo de exemplo, que estivo presente nas famosas fontes do Taj Mahal na India. Co tempo caeu en desuso, sobre todo debido ao avance irresistible da bomba centrífuga.

Na actualidade asistimos a un renacer do interese acerca deste aparello, debido a que é tecnoloxicamente accesible, eficiente, ecolóxico e moi didáctico.