Posts under ‘Argallamos, fabricamos e inventamos’

Cultivo dunha “horta solidaria”

Un xeito de levar á práctica as ideas anteriormente expostas é cultivando entre todos unha horta solidaria. Para os nosos alumnos foi unha auténtica sorpresa cando souberon a nova. Todos querían colaborar, sen excepcións, canto antes. O tempo tan húmido dos tres primeiros meses deste ano 2013 impedíronnos empezar coa horta antes do mes de […]

O acuario – Cría e reprodución de peixes cebra

O peixe cebra (danio rerio), un pequeno peixe orixinario do sueste asiático, é utilizado como organismo modelo para experimentación en diversas áreas de investigación como a biomedicina, a acuicultura ou a alimentación. Xunto co rato son os organismos modelo por excelencia dentro dos vertebrados. Algunhas das principais características que fan ao peixe cebra unha especie […]

O noso viveiro

O viveiro partiu dunha idea de Pedro, o “manitas” do Seminario. Conseguiu facerse con moitas macetas e sementeiros para poder conseguir tomates, pementos, leituga, fresas e algunhas cousas máis. E abofé que medran as plantiñas. O lugar que escolleu para este proxecto foi un alpendre cuberto con pranchas de policarbonato transparente que permiten o paso […]

Cultivamos áloe vera

Unha pequena planta de áloe vera traída por un alumno ao Seminario produciu centos de plantas nestes anos. O Seminario parece ser que é un lugar adecuado para o seu desenvolvemento e reprodución. Ao longo de todos estes anos fomos coñecendo as características desta planta, a súa historia, a súa composición, propiedades e o que […]

A máquina electrostática de Kelvin

Esta máquina foi deseñada polo famoso científico británico do século XIX para intentar explicar o mecanismo de formación das tronadas. A máquina extrae unha pequena cantidade de electricidade estática de dous chorros de auga que caen desde unha altura cara unha botellas inferiores. Cando o chorriño en forma de cordón se rompe en gotiñas no […]

Unha batería eléctrica doméstica feita con papel de aluminio do bocadillo

Trátase con esta actividade de construír unha batería de corrente continua de baixa tensión (entre 10 e 12 voltios) que serva como substituto caseiro das pilas e incluso das baterías dos coches. Nun futuro non moi lonxano agardamos que os coches sexan eléctricos e que se movan  mediante baterías de aluminio, metal abundante, barato, pouco […]

Construímos un ariete hidráulico

Os arietes hidráulicos, son un dos tipos de bomba de auga que funcionan aproveitando a enerxía hidráulica sen requirir doutra enerxía externa. son autobombas 100% ecolóxicas. Mediante un ariete hidráulico, pódese conseguir elevar parte da auga dun río, regato, ou fonte a unha altura superior. Tamén se pode empregar para regra por aspersión. O ariete […]

Modelamos figuriñas con “porcelana fría” que nós mesmos fabricamos

Os de 2º de ESO estiveron traballando con materiais plásticos como corresponde co currículo da materia de Tecnoloxía. Pero tamén se atreveron a fabricar un plástico non agresivo co medio natural e sen toxicidade. É un plástico que se moldea en frío e que, co paso do tempo, fragua e endurece dun xeito considerable. Parece […]

Fabricamos iogur caseiro

A idea de fabricar iogur caseiro xurdiu cando estabamos estudando os microorganismos na materia de ciencias naturais. Sabemos que algúns microorganismos utilizan os nosos alimentos como fonte de materia e de enerxía. Algúns contaminan os alimentos, estráganos e inutilízanos para o consumo humano pero hai outros que ao contrario, transforman uns alimentos noutros de grande […]

Bienvenidos al proyecto “EnCargados”

En esta nueva edición del programa Voz Natura nos vamos a poner las pilas. Hemos enfocado nuestros proyectos hacia el desarrollo de alternativas energéticas y de consumo de recursos tal que sean realistas, que proporcionen resultados satisfactorios y que, al mismo tiempo, sean respetuosas con el medio ambiente. Queremos ser creativos y por eso os […]