Era unha vez un leproso que vivía nunha cova. O pobre sentíase moi triste xa que desde os trece anos de idade lle viñera esa emfermidade e se tiverá que apartar da familia. Un día, cando xa estaba canso de fuxir da xente, sentouse diante dun río e pareceulle fermosa a auga que corrría río abaixo.
De repente aparecéuselle a auga en forma de muller e díxolle:
«Ola meu fermoso leproso, dulce por dentro e dulce por fóra, canto ansiaba a túa visita a este meu lugar de onde eu estou». Deus está de testigo de que te hei agasallar».
E preguntoulle o leproso, interrumpindo:
«De que desexo me falas miña señora auga».
A auga díxolle:
«Eu fáloche de que che concederei calquer desexo pola túa bondade e a túa amabilidade e o máis importante concédocho polo teu sufrimento».
O leproso dixo:
«Eu quero que me elimines a lepra para formar unha familia, ter un traballo e ser, sobre todo, feliz».
A auga fixo o que o leproso lle dixo, e o leproso preguntoulle:
«Queres que faga algo por ti?».
A auga o único que lle contestou foi:
«Quero que sempre que poidas veñas verme e, de paso, limpar un pouco estas miñas augas tan sucias, ás que a xente se atreve a tirar de todo con tal de sacalo de enriba».
O leproso dixo:
«Así o farei miña señora da auga: como ti me curaches a lepra eu comprométome a coidarte sempre que poida as túas fermosas augas, ensuciadas pola mala gaita que temos os humanos».
E así rematou a historia, conseguindo o leproso a familia que anhelaba, tendo fillos e tendo un traballo e, o máis importante, que ía todos os días xunto a súa señora auga a limpar as suas correntes para que, como dicía el, se visen fermosas e relucentes.