O lema de Voz Natura deste ano é «Construamos un futuro sen plástico». Este lema propón crear un marco de actividades onde aprendamos a reducir o uso de plásticos e a cambiar o estilo de vida consumista que potencia a economía lineal de usar e tirar. Dende o Seminario de Lugo queremos contribuír a esta iniciativa con varias actividades, entre elas a que dirixe Dona Vanesa, titulada «Faite Pequeno».
Faite pequeno é o nome do proxecto interdisciplinar que levamos a cabo no Seminario de Lugo para fomentar actividades destinadas a mellorar a nosa relación co medio ambiente buscando aplicacións que sexan didácticas e creativas. Nesta ocasión o grupo de rapaces de 3º de ESO estiveron aprendendo a coser para confeccionar artigos que servan para substituír aos plásticos. Eles mesmos explican o que fan no seguinte vídeo.
Agardamos que estes rapaces teñan moitos éxitos.