Unha batería eléctrica doméstica feita con papel de aluminio do bocadillo

Trátase con esta actividade de construír unha batería de corrente continua de baixa tensión (entre 10 e 12 voltios) que serva como substituto caseiro das pilas e incluso das baterías dos coches.

Nun futuro non moi lonxano agardamos que os coches sexan eléctricos e que se movan  mediante baterías de aluminio, metal abundante, barato, pouco contaminante e completamente reciclable empregando enerxías renovables. Hanse abastecer deste metal en “electro-alumineiras” para recargar ou reemplazar a batería gastada. De momento temos coñecemento de que en Israel xa conseguiron que un utilitario andivese 1500 km cunha batería de aluminio-osíxeno. Tamén sabemos que as Forzas aéreas estadounidenses teñen unha patente dunha batería de aluminio – cloro que parece ser moi eficiente.

O procedemento que seguimos é o seguinte: Enchemos uns envases de plástico dun electrólito (líquido condutor a base de auga e lixivia), de carácter básico, que ataca quimicamente ó aluminio e o descompón a ión. Este aluminio ionizado negativamente fai aparecer no líquido acuoso un desequilibrio de carga iónicas de tipo H3O+ e OH que producen unha diferenza de potencial entre os eléctrodos: o xa mencionado eléctrodo de aluminio (ánodo negativo) e o outro de grafito inerte (cátodo positivo). Os electróns recollidos entre ambos polos serven para obter corrente continua de 1,5 voltios e 200 mA por cada célula electrolítica construída. A capacidade eléctrica observada nunha botelliña de 500 c.c. foi de 2000 mA.h por cada 1000 cm2 de papel de aluminio convencional somerxido no electrólito. O recipiente deixará de producir electricidade cando se dilúa ou “oxide” todo o aluminio e se converta en hidróxido de aluminio inerte.

Se colocamos seis destas células xuntas en serie obteremos a nosa batería e poderemos aproveitar a súa electricidade.

Leave a Reply

See also: