A máquina electrostática de Kelvin

Esta máquina foi deseñada polo famoso científico británico do século XIX para intentar explicar o mecanismo de formación das tronadas. A máquina extrae unha pequena cantidade de electricidade estática de dous chorros de auga que caen desde unha altura cara unha botellas inferiores.

Cando o chorriño en forma de cordón se rompe en gotiñas no interior  dun anel metálico, estas gotas caen con algo de carga, supoñamos negativa. Ó ir cargadas vanse acumulando no recipiente inferior que fai as veces de condensador. Este vaise cargando cada vez máis negativamente conforme lle vai “chovendo” dentro. Paralelamente, esta acumulación de carga negativa transmítese mediante un cable cara o anel do lado oposto. Deste xeito as pinguiñas que caen por dentro del serán de signo oposto, logo positivas, pola influencia do campo eléctrico que se ven forzadas a atravesar. O bote do lado contrario vaise cargando cada vez máis e máis positivamente cada vez que se enche de gotas de auga. Deste bote tamén sae un cable cara o anel do lado contrario cousa que funciona como unha retroalimentación do campo electrostático que permite que as gotas se carguen máis axiña do signo contrario pola influencia deste campo.

En definitiva, que chega un momento que as latas inferiores están tan cargadas que, se as aproximamos mediante uns cables rematados en punta, saltará unha chispa duns 10.000 voltios de tensión que simula perfectamente o raio das tronadas.

Podemos facer todo tipo de experimentos con esta máquina. Os máis salientables son:

a)     Podemos observar o carácter condutor ou illante dos materiais. Moitas veces pensamos que os obxectos húmidos non conducen ben a electricidade pero non é así. Se se poñen en contacto os recipientes de lata inferiores mediante unha madeira algo húmida, deixarán de acumular carga e a máquina non funcionará. Calquera contacto con papel, cartón ou tela non permite que se cargue a máquina porque son materiais que acumulan humidade. Por iso debemos ter coidado de que a máquina de Kelvin non se humedeza por fóra.

b)    Experimentamos con motores electrostáticos que xiran grazas á repulsión de láminas metálicas que se cargan do mesmo signo de corrente e da atracción daquelas que teñen o mesmo signo.

c)     Podemos comprobar como a electricidade tente a “escapar” polas puntas metálicas, sendo este o mecanismo de funcionamento do pararraios ou o do muiñiño eléctrico.

d)    Investigamos como pode transformarse unha descarga eléctrica en luz se atravesa un tubo con gas a baixa presión.

Marcar el Enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.