Podedes extraer máis información na nosa WEB: www.seminariodelugo.org
Entre as tarefas que máis nos molan está a de traballar nunha viña da Ribeira Sacra con moita ilusión desde hai catro anos. Os bacelos novos xa darán uva este ano.
As muras (en castelán dise «bancales») permiten unha insolación ideal ademáis de soportar o escaso solo fértil en fortes pendentes, que doutro xeito desaparecerían pola erosión da escorrentía e polas tarefas agrícolas.
A viña está na aldea de Pesqueiras, frente ó encoro de Belesar, preto de Chantada. O entorno tamén resulta pintoresco pola riqueza natural e a beleza da paisaxe.