O río Furelos

O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.

O río Furelos é unha corrente natural de auga que flúe con continuidade pola comarca de Abeancos (Toques – Melide – Santiso). Este río posúe un caudal rara vez constante o longo do ano, e desemboca no Ulla, sendo o seu afluente principal. Un río está composto por varias partes básicas. Polo xeral, os ríos, especialmente os máis grandes, divídense en tres partes principais, de acordo coa súa capacidade erosiva e de transporte de sedimentos: curso superior, curso medio e curso inferior. No Furelos predomina o curso superior e só discorre paseniñamente nos seus derradeiros 4 km de percorrido.

O Furelos nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan dos montes da serra do Careón, no concello de Toques, servindo as súas augas de linde entre ese concello e o de Melide, no que termina por entrar, pasando logo a facer linde entre Melide e o concello de Santiso, onde logo dun percorrido por terreo máis ou menos chairo de 26,2 km, únese ao Ulla, contribuíndo con un caudal de 6,63 m3/s. A súa cunca abranxe unha área de 151,6 km2.

O seu principal afluente (pola dereita) é o rego de Catasol.

O Furelos é un un río de réxime pluvial.

Hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para produción eléctrica, que son os de Portochao e Portodiz.

Marcar el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.