AS PRIMEIRAS FOTOS

vnat0032

Aquí vai unha primeira mostra do traballado este ano, especialmente grazas a Xaquín e os seus alumn@s. Non esquezamos tampouco a boa intención destes rapaces de 4ºP.D.C., que me axudaron coa reportaxe fotográfica. A ferramenta imprescindible: a cámara de Almudena, quen por certo, todavía me debe algunhas fotos… Así que colgaremos máis en canto recompilemos todas.

pedraguiambiental1
mayo 27, 2009 | 2 comentarios  

DE VOLTA ÁS ANDADAS

vnat0032

Certamente, o departamento de Ciencias da Natureza tiña este blog un tanto esquecido… Pero ollo!! só a nivel virtual. Anque non hai xustifcación algunha para o que nos demoramos en escribir a primeira entrada deste 2009, seguimos a traballar en Voz Natura, que o contorno natural do centro precisa dunha revisión e coidado, por outra banda, ben merecido.

Así que: ola de novo!!

marzo 6, 2009 | Deja un comentario   Etiquetas:

HAICHE COUSAS QUE NON MUDAN…

vnat0032

Nasas en Camariñas 

…pero seguimos a pensar que somos caralludos. Mudan os sitios, mudan os espazos naturais, pero a especie humana non muda. Ou sí?

Moito falar de reciclar, moito falar de ter coidado coa natureza…, pero o mar non se recicla e a pesca vai de mal en peor. Toxinas, furtivos…, hai quen dea máis para tan pouco tempo?

Tivo que vir a Fisterra un científico non ambientalista para dar unha lección de futuro: moito acelerador, moito xenoma…, pero a especie humana periga tal como se coñece hoxe en día se non temos coidado e imos buscando polo cosmos outros lugares para vivir.

Así que menos chorradas de tanta adoración a internet e as viaxes virtuais e máis coidado co planeta e coa búsqueda de outros sistemas solares alternativos (pero…, para todos, non só para viaxar os “amigos do emperador e dos jedis”!).

septiembre 27, 2008 | 3 comentarios  

OS TEMPOS VAN MUDANDO…

vnat0032

Camariñas no verán 2008

…e os sitios tamén mudan. Voz Natura nos buscou un ambiente wordpressario e acá estamos nós, de novo.

Novo lugar, novo curso, novo (e vello) alumnado que vai rodar por esta páxina (eso espero), para tentar unha aproximación ó ambiente que nos toca vivir. E, todo esto, antes de que nolo estraguen máis.

Abrimos este curso coa tranquilidade camariñana do seu porto. Outro día nos metemos coa pesca e os barcos de lecer.

septiembre 24, 2008 | Deja un comentario  

UNHAS QUE XA NON CHEGARON A SETEMBRO…

vnat0204

…son as nosas hortensias, porque xa secaron no verán. Das dúas filas que se plantaron co proxecto deste ano (2º intento, por certo), a maioría  non poderán coñecer ás novas fornadas de 1º da ESO.

Este chan de “monte baixo”, cheo de pedras, non deixa prender ben a calquera vexetación diferente do toxo, da xesta ou do tipo ericácea. Todo ese tipo de vexetais “pobres”, que tan ben acompañan ó eucalipto (por algo será, non?).

Pero, lóxicamente, esto sirve como experiecia, para cando se quere falar das repoboacións tipo ICONA ou semellentes. Hai solos moi axeitados para certas prantas, pero noutros casos é desaproveitar o terreo chantando árbores “pobres” ou que empobrecen o solo.

Unha pregunta pode ser: diriximos nós ou nos dirixen desde Noruega?  

septiembre 16, 2008 | Deja un comentario  

DE SEIS PASAN DOUS

vnat0204

Dos seis castiñeiros que puxemos para dar sombra na “parte de atrás” só dous superaron a proba do setembro. Catro deles xa remataran moi mal o curso, polo que tiñamos poucas esperanzas de velos vivos agora.

E outros dous decidiron abandoarnos. Así que teremos esta primaveira para tentar facer unha “renovación de matrícula”.

O terreo non axuda moito, xa que hai un exceso de pedra (para eso é o monte orixinal, típico da nosa costa). Neste curso 0809 tentaremos amañar algo o espazo (xa ven indicado no proxecto Voz Natura) e, xa de paso, aportarlles máis ración de terra con humus.

Esperemos que o voluntariado (alumnado e Concello) aporte os graos de area necesarios.

septiembre 14, 2008 | Deja un comentario  

APROBOU O EXAME…

vnat0204

…nesta convocatoria de setembro, ou eso parece. Os coidados do conxerse, poden servirlle ó chorón do salgueiro para evitar un suspenso definitivo.

Esperemos que o Nordés e o Vendaval deste outono, xa non poidan doblalo máis do que ven sendo normal neste tipo de vexetais.

E esperemos que o alumnado poña tamén o seu grao de area, para deixar contenta á que podemos chamar parte árborea do noso espazo ambiental organizado.

Non che hai como unha tanda de mimos ben dirixidos, para mesmo curar as feridas dos seres vivos. Ou non?

septiembre 12, 2008 | Deja un comentario  

AMBIENTE GASTRONÓMICO…

vnat0204

…e tamén ecolóxico, supoño. Non vai ser menos que os coches, as fábricas ( como algunhas de Vigo)…, agora todo che é ecolóxico!

A culpa non vai ser dos restauradores que as compran, nin dos clientes que as piden, nin siquera dos furtivos que as mangan. A culpa será das vieiras , como cómplices, e das malditas toxinas como axentes directos.

Dá igual que as toxinas (moléculas químicas chamadas aminoácidos) sexan producidas pola contaminación da ría, para que buscar culpables contaminantes? Que se fastidien as vieiras!

Dá igual que a cadea “nonalimenticía” formada por furtivos e restauradores favorezcan efectos secundarios a longo prazo no corpo humano, a culpa será de quen come vieiras pensando que come algo sano. Que se fastidien os clientes (que non saben a súa procedencia)!

Menos mal que os paganos (sen trucos) do IRPF toman poucas vieiras. En algo tiña que ser positivo non chegar a marisco. Pero o malo é que estes paganos da Sanidade Pública terán que pagar os desperfectos causados por empresarios “ecolóxicos que non ecoloxistas”.

Nesta páxina da Voz pódese ler  mellor a noticia.

septiembre 10, 2008 | Deja un comentario  

TODA PUNTA TEN A SÚA ONDA…

vnat0204

E senon que llo pregunten ós cabos (que algún máis parece sarxento).

Tanto Silleiro, como Fisterra, como Touriñán…, teñen tendencia a meter os fuciños onde nos lles chaman. Por eso, a mar resposta con moito enfado, de cando en vez.

O ambiente mariño é amigo de repostas aceleradas, desas que non se esperan ata estar riba dun. Deso saben moito os nosos percebeiros, precisamente na Costa da Morte temos unha mar faladora en exceso.

E a parte terrestre dese ambiente só serve, ás veces, para sentir que os pés poden mudar en ás, antes do tempo que coidabamos nós.

septiembre 8, 2008 | Deja un comentario  

UN DOS SALGUEIROS CHORÓNS…

vnat0204

…queixouse este setembro e, como non, con moita razón. Chegaron os exames deste mes e o pobriño non che foi reforzado para a proba do Nordés.

En fin, os Concello xa se puxo coa herba e nós (conto co Plácido) lle daremos estes días algúns mimiños. Esperemos que chegue o alumnado amante da natureza, para pasarlle a man polo seu tronco averiado e darlle ánimos por si “suspende”.

Polo menos xa deron sinais de vida o Carlos e a Jeni, polo que estamos algo reconfortados o salgueiro e máis eu. Quero darlles a benvida a esta gamela, que necesita reparar algo as súas redes, pero coida seguir ondeando polos montes, ríos e mares deste o noso planeta.

septiembre 6, 2008 | Deja un comentario  

Next Page →