UN DÍA DA PAZ MOI CONCIENCIADO CO MEDIO AMBIENTE

avatar Escrito por cela18
3 de Marzo de 2020 a las 16:51h

Para conmemorar o Día da Paz no contexto lingüístico e titorías traballáronse textos de Gandhi, fixéronse mensaxes de paz e coñeceron, tanto os pequenos como os maiores a Malala. Os pequenos escoitaron o conto “O lapis máxico de Malala” e elaboraron un medallón de superheroes e superheroínas da paz. Os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural no que reflexaron que farían para cambiar o mundo se tiveran un lapis máxico. E os maiores decoraron siluetas de persoas nas que puxeron mensaxes para cambiar o mundo.
       
 E o EDLG tendo enconta que somos un centro plurilingüe, comparte nun dos corredores do cole unhas verbas de amor e paz en diferentes idiomas…
 
Para celebrar este día xuntouse todo o alumnado para escoitar o Manifesto elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria. Despois os nen@s de 5 anos agradeceron a participación económica das familias coa ONG WWF para apadriñar catro animais (tartaruga, foca, oso polar e pingüín) que están en perigo pola contaminación. A continuación cantamos “A cantarela dos nenos” e rematamos cun delicioso chocolate pola Paz.
 

Deja tu comentario

ojd