Archivo para Marzo, 2020

O ENTROIDO EN CELA

Martes, Marzo 3rd, 2020

E chegou o día grande! Este venres celebramo-lo entroido cun desfile fantástico cheo se ecoheroes de toda-las galaxias: protectores de animais (utilizando cores de superheroes), protectores da flora , dos océanos e dos mares, loitando continuamente contra o plástico e outros detractores da natureza. Foi un día maravilloso onde as familias compartiron unha merendola entroideira e bailaron ao son da música de Paco Nogueiras, Carliños Brown, e outros… Para rematar a ANPA do cole está a preparar a participación do noso cole para o desfile do concello … Grazas  por seguir entroidando con nós e compartir estes momentos!

La imagen puede contener: una o varias personas y exteriorLa imagen puede contener: 19 personas, exterior La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie  La imagen puede contener: 9 personas, personas de pie y exteriorLa imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas y niño(a)  La imagen puede contener: 3 personas, exterior  La imagen puede contener: 6 personas, personas de pie y exterior

A MULLER E A CIENCIA

Martes, Marzo 3rd, 2020

Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recibimos a visita dunha nai científica (oceanógrafa). Contounos historias de mulleres  apaixonadas pola ciencia e os descubrimentos, como Jane Baret e Ángeles Alvariño.
Na nosa biblioteca temos unha mostra destas historias en feminino.
Despois os maiores visualizaron os vídeos que gravaron no contexto científico. Nel os nen@s tiveron que inventar, deseñar e construir máquinas e promocionalas para a súa posible venta. Ademáis O día da muller e a nena na ciencia fixemos a xuntanza do club de lectura para conversar sobre o libro: “Sami superpestes”. Foi unha lectura que gustou moito polas aventuras que vive o seu protagonista. Un tema que transmite este libro é a contaminación da auga, así que para rematar a xuntanza fixemos un experimento.

En botellas baleiras e cortadas puxemos algodón e terra. Despois nunhas botamos auga limpa e noutras auga manchada con betadine. Esperamos un pouco e podemos comprobar que nas botellas que botamos a auga  sen contaminar, a terra filtra auga limpa. Mentres que a terra á que lle botamos a auga con betadine, filtra auga contaminada. Os alumn@s foron conscientes de que temos que loitar en contra da contaminación: “I´ve got the power”.
Moitas grazas Susana e parabéns rapaces polo voso traballo!!
O PODER ESTÁ EN NÓS…
     

RECICLA CON ENERXÍA

Martes, Marzo 3rd, 2020

Os nosos ecoheroes seguen loitando por mellorar o noso Planeta!!! Polo que imos a axudar a Pilabot para cumprir coa súa misión de recoller pilas, baterías usadas…
Axúdanos a salvar o Planeta. I´ve got the power!!!

UN DÍA DA PAZ MOI CONCIENCIADO CO MEDIO AMBIENTE

Martes, Marzo 3rd, 2020

Para conmemorar o Día da Paz no contexto lingüístico e titorías traballáronse textos de Gandhi, fixéronse mensaxes de paz e coñeceron, tanto os pequenos como os maiores a Malala. Os pequenos escoitaron o conto “O lapis máxico de Malala” e elaboraron un medallón de superheroes e superheroínas da paz. Os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural no que reflexaron que farían para cambiar o mundo se tiveran un lapis máxico. E os maiores decoraron siluetas de persoas nas que puxeron mensaxes para cambiar o mundo.
       
 E o EDLG tendo enconta que somos un centro plurilingüe, comparte nun dos corredores do cole unhas verbas de amor e paz en diferentes idiomas…
 
Para celebrar este día xuntouse todo o alumnado para escoitar o Manifesto elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria. Despois os nen@s de 5 anos agradeceron a participación económica das familias coa ONG WWF para apadriñar catro animais (tartaruga, foca, oso polar e pingüín) que están en perigo pola contaminación. A continuación cantamos “A cantarela dos nenos” e rematamos cun delicioso chocolate pola Paz.
 

ECOVISITA A NATURNOVA

Martes, Marzo 3rd, 2020

Esta semana alumnado  de 3º a 6º de Primaria realizaron unha visita de “ecoheroes”participando  na actividade: “Plásticos: un nuevo enemigo” de Naturnova en Vigo.
Coñeceron a orixe, tipos, usos e problemática dos plásticos. Despois fixeron unha visita pola exposición permanente sobre o universo, xeoloxía, enerxías renovables e entraron nun simulador de submarino para coñecer, con gafas 3D, a ría de Vigo.
“I´ve got the power”
 
  

AMAR O MAR

Martes, Marzo 3rd, 2020

 

O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto de Educación Ambiental e ciencia cidadá: “Amar o mar. Ría de Pontevedra sen plásticos”.
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla sobre a importancia das praias como ecosistemas mixtos e os perigos que sufren pola urbanización, destrución de dunas e, sobre todo, contaminación.
Baixaron á praia de Agrelo e recolleron plásticos e rexistraron datos nunha táboa que despois subiron a web. Os datos recollidos foron:
1 hora = 11 kg de plásticos. Os expertos dixeron que é a praia más limpa da zona
Para rematar a xornada, no colexio contáronlle aos máis cativos a súa experiencia.
Viva os nosos ecoheroes. I´ve got the power!!!

 

 

SEMANA POLO CLIMA

Martes, Marzo 3rd, 2020

 

Dende o 20 ao 27 todo o cole sumámonos a movilización mundial polo clima revindicando a súa defensa . Participamos en tódalas actividades propostas , dende o minuto de silencio na hora do patio, ata o visionado de cartaces feitos nas aulas.
Como ecoheroes e ecoheroinas que somos seguiremos a coidar e respectar o noso planeta e dando exemplo para contaxiar os demáis!!

SEMANA POLO CLIMA #ecoheroes #climatestrike

Publicada por CEIP Torre Cela en Viernes, 27 de septiembre de 2019

ojd