Archivo para Maio, 2019

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS NO MONTE CHANS

Mércores, Maio 22nd, 2019

Onte celebramos  unha xornada de covivencia no monte de  Chans,  moi preto do noso colexio, chamámolo a I Romaría Escolar das Letras Galegas.

Plantamos os carballos e castiñeiros que naceron nas botas, as que fai meses, enchemos de terra coas sementes que finalmente despertaron.
Falamos previamente coa Comunidade de Montes de Cela para informarlles desta plantación que iamos facer no monte e pedímoslle que nos indicasen onde poderíamos levala a cabo. Así o fixeron, enviáronos un plano coas indicacións para facela.
Levamos para o monte todo o material necesario e todos os nenos en grupos participaron na plantación.

 
Despois continuamos contemplando a natureza deste fermoso lugar mentras os nenos participaban nun montón de xogos tradicionais, merendamos ata a fartura e escoitamos a música de Retrouso. Algúns pais acompañáronnos neste momento tan especial.
E rematamos recibindo un fermoso agasallo por parte do Equipo de Dinamización.
Temos que repetir!! Grazas a todos por colaborar e disfrutar desta mañá con nós!!

         PLANTACIÓN DE GERANIOS E SURFÍNEAS

Mércores, Maio 22nd, 2019

Decoramos as ventás das clases que dan ao patio con macetas colgantes nas que plantamos unhas plantas ornamentais: uns bonitos geranios e unhas surfíneas. Están cheos de flores!!

        

 

 

    VIVIMOS A NOSA CONTORNA

Xoves, Maio 9th, 2019

Segundo a pedagoga Heike Freire o contacto coa natureza é vital para os seres humanos e, especialmente, entre os máis pequenos, xa que hai moitos beneficios que proporciona, permiten mellorar o desenvolvemento cognitivo ampliando a capacidade de razoamento e observación. Ademáis o xornalista estadounidense Richard Louv atreveuse a falar da existencia dun “trastorno de déficit da natureza”, baixo o cal agrúpanse diferentes enfermidades cuxa causa común podería ser a falta de contacto co noso contorno natural.
Dende o cole de Cela e , en concreto, de Educación Infantil , somos seguidores desta “pedagoxía verde“, fomentando innumerables actividades diarias no exterior, potenciando o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas e atopándonos con verdadeiros tesouros. Velaquí algún exemplos disto

 

 

 

 

 

INVESTIGACIÓN SOBRE AS ÁRBORES AUTÓCTONAS DOS BOSQUES GALEGOS

Xoves, Maio 9th, 2019
Os alumn@s de 3º e 4º de E. Primaria levaron a cabo unha investigación sobre as árbores que poblan os nosos bosques. Cada nen@ informouse, a través de distintos medios, dunha especie autóctona como: a sobreira, o carballo, o castiñeiro, o ameneiro, o bidueiro, o salgueiro, a aciñeira, o piñeiro, a abeleira, o loureiro, o freixo ou a nogueira; ou investigou sobre unha especie invasora como a acacia ou o eucalipto.
Ademáis de coñecer outros nomes para cada ábore tamén recolleron información sobre o tipo de folla, as súas flores, os froitos, os anos que poden vivir… Aprenderon os distintos usos de cada árbore: construción, fabricación de mobles, combustible, ornamental…ou que da cortiza do salgueiro obtense a salicina coa que se fai un fármaco moi coñecido como é a aspirina.
Coñeceron exemplares importantes como o carballo de Santa Margarida na parroquia de Mourente que o ser vivo de maior idade da provincia de Pontevedra, cuns 500 anos de antiguedade.
Ademáis en cada unha das árbores ou ao seu alrededor viven moitisimos seres vivos: paxaros, insectos, distintos mamíferos, fungos, liques…e outras aliméntanse das súas follas e froitos.
Para observar toda esta vida os nen@s, acompañados dos seus pais, achegáronse ao Monte Chans da parroquia de Cela, onde viven, e incluso lle quitaron fotos a algúns exemplares.
Aprendemos un montón e disfrutamos de tanta beleza. 
VIVAN AS ÁRBORES!!

 

 

VISITA A LAGOA DE CASTIÑEIRAS

Mércores, Maio 8th, 2019

Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., xunto cos seus titores, pasaron unha agradable mañá na Lagoa de Castiñeiras.

Acompañados por dous guías fixeron un percorrido pola zona:
– Explicáronlles como se fixo esta lagoa artificial.
– Observaron as distintas árbores e as súas características: ameneiros, bidueiros, castiñeiros, aveleiras, acivros…
– Coñeceron como é o peculiar crecemento das raíces duns exemplares de ciprés dos pantanos que alí hai.
– E mesmo lograron facer  xabón coas follas da acacia.

 

Ademáis viron a Aula da Natureza de Cotorredondo que se encarga da recuperación de fauna da provincia de Pontevedra.
Despois de camiñar un bo tramo puidemos observar unhas mámoas, entre as que destaca a Mámoa do Rei.

Para rematar sentámonos a merendar desfrutando da fermosa paisaxe.

ojd