Archivo para Abril, 2019

VISITA DE ANXO MOURE

Luns, Abril 29th, 2019

Abril, mes dos libros. O despertar das sementes. Quen mellor que Anxo Moure Contos Solidarios para visitar o noso cole?Coma sempre este Carballo con Botas sementa na cativada o amor e o respeto polas árbores e os bosques. Lembrades as landras e as castañas que prantamos dentro dunha bota en novembro, con motivo do día das árbores autóctonas? Pois ahí están, dous carballos e dous castiñeiros que pronto levaremos á terra para que medren ben fortes

SEGUIMOS PLANTANDO

Xoves, Abril 25th, 2019

Non deixamos de plantar para mellorar a nosa contorna. Pequenos e maiores estiveron plantando, entre outras especies, uns arándanos que esperamos poder desfrutar algún día!!!!

ÁRBORE DAS VERBAS

Xoves, Abril 25th, 2019

Seguimos creando poesía!!  Nas aulas en pequenos grupos compuxéronse flores con poemas e rimas relacionadas co noso proxecto: “O despertar das sementes”. Estas flores forman parte da “Árbore das verbas” que temos no corredor da biblioteca.

Bo traballo rapaces!!!

ROBÓTICA NA HORTA

Mércores, Abril 10th, 2019

A robótica tamén está presente no noso proxecto: “O despertar das sementes”. Os nen@s Infantil xogan a descurbrir os pasos de crecemento dunha semente, que necesitan para medrar…

CUÑAS RADIOFÓNICAS

Mércores, Abril 10th, 2019

Os alumn@s de 6º de Primaria fixeron un podcast de cuñas radiofónicas relacionadas co noso proxecto: “O despertar das sementes”. Eles crearon o texto e a música. Parabéns rapaces!!!

Podedes escoitalos no seguinte enlace:
CUÑAS RADIOFÓNICAS

VISITA A GRANXA KIRIKO

Domingo, Abril 7th, 2019
Este venres os cativos de infantil desfrutaron dun un maravilloso e lúdico día na granxa Kiriko. Aproveitando o  traballo sobre as sementes, a horta, e a granxa, non podian estar en mellor lugar: fixeron pan, coñeceron distintos animais de dúas e catro patas, plantaron na horta, camiñaron polo “bosque” máxico, Como podedes comprobar pasáronno estupendamente!!!

 

A NOSA HORTA EN ACCIÓN!

Domingo, Abril 7th, 2019

Os nenos e nenas de infantil estiveron plantando na horta do cole variadas plantas aromáticas  á vez que reciclaron palés: orégano, tomillo, lavanda, menta…ideais para acompañar comidas ou facer infusións, E aproveitaron tamén para plantar leitugas, tomates, berenxenas, amorodos brancos… un sinfín de “alimentos” que a profe Raquel trouxo ó cole. Agora só falta que prendan  e nos den uns bos alimentos saudables!

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, sombrero, niño(a) y exterior

 

La imagen puede contener: una o varias personas y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y exterior

CONSTRUCIÓNS DOS ALUMN@S DE 1º E 2º

Domingo, Abril 7th, 2019

Os alumn@s de 1º e 2º de E.P. para rematar o seu proxecto sobre as plantas, construiron trampas para velutinas, casas para xoaniñas e un hotel para paxaros.

As trampas xa as teñen  colocadas polas árbores do cole. As casiñas e o hotel, aínda as van a rematar.

Próximamente… o resultado!!!

ojd