Archivo para Marzo, 2019

ARTE COA MADEIRA NO DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Luns, Marzo 25th, 2019
🌳21 de marzo, Día Internacional dos Bosques 🌳
Para celebralo invitamos a un veciño de Cela, Tino Resille, escultor e artesán que utiliza como material a madeira.
Ofreceunos unha “masterclass” en toda regra, sobre cómo usar de xeito responsable este produto que os bosques nos aportan. Este artista da madeira emprega ramas e troncos que atopa polo monte e dalles outra vida. Falounos dos distintos tipos de madeira das árbores da nosa contorna, das súas características e diferenzas. Trouxonos nostras das mesmas, nas que poidemos observar o que el nos comentaba. Ademais ensinounos ferramentas, utensilios e produtos que el emprega para facer os seus traballos coa madeira.

 

 

Traballou neste tronco de árbore que logo acabaría sendo unha escultura.

 

 

As fotos falan por si solas.
E ademais agasallounos unha das súas pezas!! Grazas Tino!!!
Este ano a ONU, polo Día Internacional dos Bosques, destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar os bosques e avanzar na conservación da biodiversidade.
“- Conocer nuestros bosques y mantenerlos sanos es fundamental para el futuro.
– Nunca se es demasiado joven para empezar a aprender sobre los árboles.
– Tanto el conocimiento moderno como el tradicional son esenciales para mantener los bosques sanos.
– Invirtiendo en la educación forestal se puede lograr un mundo mejor.
– Las mujeres y los hombres deben tener las mismas oportunidades de acceso a la educación forestal.
Tamén está lista para que escoitedes a súa entrevista en radio faladoiro, que lle fixeron os alumnos de 3º E.P.

OS BOSQUES ENCHENSE DE POESÍA

Venres, Marzo 22nd, 2019

O xoves celebramos o “Día Internacional dos bosques” e o “Día da Poesía” coa visita da poetisa buenense Míriam Ferradáns. Maiores e pequenos desfrutaron e se empaparon da súa paixón pola literatura galega e a poesía en xeral.

Escoitamos e lemos versos, esta vez coa temática dos bosques, xogamos con verbas, creamos e deixamos voar a imaxinación. Ata nos agasallou con fermosas poesías inspiradas no noso proxecto: “O despertar das sementes”.

HAI UN BOSQUE MÁXICO             UNHA LARANXEIRA

ÁS AFORAS DA ALDEA                NO MEDIO DA HORTA

QUE TEN NAS ÁRBORES              CON DUAS LARANXAS

CENTOS DE ESTRELAS.              E UNHA PORTA…



Esta árbore cargada de imaxinación foi unha inspiración para que os nenos pensaran versos e formaran poemas.

Partindo da frase: “Para abrazar unha árbore é necesario…”, os nenos por grupos tiñan que compoñer versos. Estes son algúns exemplos:

Achegarse con respecto e seguir todo recto,

ser cariñoso como un oso…

Cada grupo expuxo as súas creacións.

Moitas grazas Míriam!!!!

DESCUBRINDO A HORTA

Mércores, Marzo 20th, 2019

Os alumn@s de Infantil están descubrindo a horta. Comezaron coñecendo os alimentos que medran nela, de que cores son, as suas formas, tamaños, cheiros…
 Fixeron retratos sostibles e recoñeceron as partes dunha planta.
Descubriron algunhas das ferramentas que se empregan na horta.
Léronse contos relacionados co noso tema de investigación e escoitamos a canción: “A horta de Balbina”

O MEDIO AMBIENTE NA SEMANA DA PRENSA

Mércores, Marzo 20th, 2019

Os alumn@s de 4º de E. P. , ao longo desta semana da prensa,  estiveron lendo as novas dos exemplares  do  xornal Papagaio que periódicamente chega á nosa biblioteca.

Disfrutaron coa lectura de diferentes artigos feitos cunha redacción e ilustracións  moi atractivas para eles. Atoparon moitas noticias relacionadas co coidado e conservación do medio ambiente:

– A extinción das abellas provoca a desaparición dos humanos.

– Un novo intento contra o desxeo polar.

– As mulleres conquistan o espazo.

– Os homes da selva en perigo de extinción.

– Erupcións e Tsunamis na Oceanía.

E moitas máis, que lle serviron para que unha vez máis se conciencien da importancia do respecto polo noso medio e de que diso depende a nosa vida.

 Fixeron comentarios das mesmas e finalmente tiveron que redactar  a súa propia  noticia acompañándoa dunha ilustración.


HOMENAXE A MULLERES TRABALLADORAS DO CAMPO NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Luns, Marzo 11th, 2019
No noso centro celebramos o 8 de marzo escoitando no patio o manifesto elaborado polos alumn@s de 5º de Primaria. Nel expresaron as experiencias das mulleres da súa familia en relación co monte e co campo. Foi un recordo e homenaxe a estas mulleres que adicaron moito tempo das súas vidas ao coidado da natureza.

 

Este manifesto foi grabado na nosa Radio Faladoiro:

Tamén tivemos visitas de nais de alumn@s que os seus traballos están relacionados coa ciencia. “Mulleres de ciencia”. Visitounos Daniela Medal, Susana Bastón e Mª José Cordero.

 

 

 

 

 

Nas aulas tamén se traballaron lecturas como “Maruxa” e “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois elaboráronse murais que temos expostos no corredor da biblioteca.

 

 

 

 

 

E para rematar queremos compartir os dosu traballos de alumnas de 6º de primaria que foron mención especial no XIII Certame de viñetas e ilustración “A igualdade no traballo” organizado polo concello e coa colaboración do CIM.

O DESPERTAR DAS SEMENTES NO ENTROIDO

Luns, Marzo 4th, 2019

Durante as últimas semanas os nen@s do CEIP Plurilingüe Torre-Cela estivemos traballando no Entroido o cal relacionamos co noso proxecto: “O despertar das sementes”.

Esta semana Torriño deu consignas, o martes os nen@s viñeron disfrazados  con froitas da cabeza aos pes: De froitas disfrazado, da cabeza ata os zapatos”. E así foi, moitos rapaces e rapazas luciron as suas mellores galas “multifrutas”… Grazas!!!!!

 

 

 

O venres celebramos o  festival de Entroido. As temáticas dos disfraces de cada nivel tiñan relación co noso proxecto:  os nen@s de Infantil foron disfrazados de macetas nas que medraban froitos da Horta (tomates, pementos e amorodos); 1º e 2º foron de árbores de Cela; 3º e 4º representaron flores e xardineiros e os de 5º e 6º foron a brigada Antincendios, dispostos a evitar que ningún lume acabe cos nosos montes. Todos eles foron os protagonistas dunha mañán espectacular onde  ata o tempo nos acompañou e sairon uns raíños de sol. 
Nenos e maiores bailamos ao son da música entroideira, ademáis de escoitar as diferentes coplas relacionadas con cada tema preparadas por cada aula e saborear doces típicos do Entroido aportados polas familias.
Grazas a todos e todas por facer de esta festa algo alegre, divertido, lúdico e didáctico.

Estupendo día!!!!

Velaí van unha pequena escolma de momentos do día.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. #LibreOMeuPensamento

Luns, Marzo 4th, 2019

O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Foron varias e diferentes as actividades propostas polos Equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca relacionadas co noso proxecto: “O despertar das sementes”, e grazas a colaboración da comunidade educativa fomos capaces de desfrutar delas.
Nada máis chegar a escola unha inundación de verbas de Rosalía saían do altavoz do corredor. Durante a mañá os nen@s ensinaban as súas creacións en familia co rostro de Rosalía, cheos de flores, follas, sementes, poesía… Grazas familias!!!
Así mesmo, no recreo, os voluntari@s leron poemas en voz alta nos que Rosalía tratou temas que estamos traballanda no noso proxecto: “Has de cantar, Negra sombra, Maio florido…” E rematamos subindo a radio Faladoiro para recitar e cantar: “Adiós ríos, adiós fontes”.
Ademais nos recreos desta semana os alumn@s voluntarios foron decorando o mural de Rosalía.
E tamén tivemos unha plantilla de libros de Rosalía para xogar cos escornabots.

Tamén atopamos esta animación sobre a vida e obra da nosa poetisa máis importante.

http://www.crtvg.es:8011/tvg/a-carta/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro

CHARLAS DA AECC NO DÍA CONTRA O CANCRO INFANTIL

Luns, Marzo 4th, 2019

No noso proxecto de centro: “O despertar das sementes” estamos investigando sobre a Horta e os produtos que podemos obter dela (alumnado de Infantil). O 15 de febreiro, Día contra o Cancro Infantil, viñeron varias persoas da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e fixeron a todo o alumnado do centro unhas charlas sobre alimentación saudable.
Aos maiores lles explicaron como ter unha dieta equilibrada e falaron da Pirámide Alimenticia. Cos máis pequenos, a través de personaxes de debuxos falaron dos hábitos saudables. 

 

Ademais durante toda a semana consumimos froita nos recreos.
ojd