Archivo para Xaneiro, 2019

VISITA AO BOSQUE DE NADAL

Luns, Xaneiro 14th, 2019
Os alumnos de infantil terminaron o primeiro trimestre facendo unha saída. Acudiron ao “Bosque do Nadal” no viveiro O Piñeiro. Observaron diferentes tipos de plantas (incluso carnívoras) e árbores.

 

 

 

 

 

Encantoulles a exposición de adornos con luces e árbores de Nadal e o bosque da casa dos elfos de Papa Noel.

 

 

 

 

UN NADAL MOI NATURAL

Luns, Xaneiro 14th, 2019

No noso colexio vivimos un Nadal moi natural. Facendo honor ao noso proxecto: “O despertar das sementes”, elaboramos uns adornos navideños con  paus, follas, piñas… Puxemos  unha árbore feita con troncos:” Sementando ilusión no Nadal”.

Colgamos ramas de árbores do teito que nos serviron de soporte para os adornos navideños feitos con elementos naturais

Para decorar os corredores os alumn@s de todos os cursos fixeron adornos cos elementos naturais da súa contorna.

Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria compuxeron unha ábore chea de mensaxes.
As familias participaron facendo unhas tarxetas con desexos de Nadal e que levan na portada acivro que decoraron na casa.

E na porta de entrada ao colexio puxemos acivro colgado acompañado da súa lenda.

E como o ano anterior, cada nen@ fixo unha postal,  coa temática do proxecto, que se intercambiaron entre o alumnado. Nos cursos de 3º a 6º de Primaria seguimos o programa T+t.

EXPERIMENTOS NO MES DA CIENCIA

Venres, Xaneiro 11th, 2019
Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en galego. Na biblioteca fixemos un experimento de botánica os venres no recreo. E cada aula fixo un experimento, o cal gravou e o reflexou nunha cartolina para elaborar un mural no corredor da biblioteca. A continuación podedes ver o mural dos experimentos.
Ademais as aulas visitaron esta exposición e cubriron unha ficha co experimento que máis lles gustou.
Se queredes ver os experimentos que gravamos nas aulas, no seguinte enlace os tedes:

OBRADOIRO SOBRE OS INCENDIOS

Xoves, Xaneiro 10th, 2019

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º foi de excursión á Coruña.

Foi unha saída moi completa e non perdemos nin un só minuto xa que visitamos moitos lugares chulos!

Primeiro fumos ao museo MUNCYT e alí fixemos un taller de renovación do solo para concienciarnos da importancia que teñen os incendios incontrolados e como de deteriorado deixan  a nosa terra galega.
Por unha banda comprobamos a erosión que produce a desaparición da flora e por outro, comprobouse que o aumento da temperatura no solo non só provoca que se perda a auga, se non que desaparece materia orgánica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREPARACIÓN E PLANTACIÓN NA HORTA DA ESCOLA

Martes, Xaneiro 8th, 2019
Xa temos preparada a horta da escola. Para comezar contamos coa axuda das familias, primeiro trouxeron unha fresadora para preparar a terra.
Despois entre todos os nen@s de Infantil, mestras e familias sacamos as malas herbas e pedras. Foi unha actividade moi lúdica e coa que desfrutaron os nosos cativos!

 

 

 

 

E para rematar a xornada plantamos as sementes que medraron nas fiestras de 1º e 2º de Primaria, que xa vos contamos como o fixeron. E tamén as plantas dos nen@s de 3 anos.

 

Agora temos que esperar para ver como medran e se temos algunha colleita.
Moitas grazas familias!!!

O NOSO INVERNADOIRO

Martes, Xaneiro 8th, 2019
Os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron unha plantación un pouco diferente. O seu invernadoiro está nas fiestras da súa aula.
Os pasos que seguiron foron: A unha bolsa de conxelado puxéronlle tres paus ao redor, os graparon, botaron terra e finalmente puxeron as sementes. Logo as colgaron nas fiestras, regaron un pouco e… agardaron a que as sementes despertaran.

 

 

E xa teñen plantas!!!

 

 

O CRECEMENTO DUNHA SEMENTE

Martes, Xaneiro 8th, 2019

 

Os máis cativos do cole descubriron como crece unha semente. Primeiro abriron cabazas e as sacaron. Despois as puxeron en terra, as regaron e esperaron pacientemente. Estes días descubriron como “Despertaron as sementes”. Foi unha experiencia xenial.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xoves, Xaneiro 3rd, 2019
O 25 DE NOVEMBRO foi o “Día internacional contra a violencia de xénero”, para  celebralo no noso centro fixemos un gran mural: ” Sementando o respecto”. Das nosas mans cargadas de boas palabras e desexos nacerá o respecto que queremos que sempre esté presente entre as persoas.

 

E tamén os nen@s de Infantil fixeron cadros coa planta, a semente e as súas mans en morado.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Xoves, Xaneiro 3rd, 2019
O día 23 de Novembro, foi unha fecha especial relacionada co noso proxecto: “O despertar das sementes”. Foi o Día Internacional dos Bosques Autóctonos. Durante as semanas previas traballamos o libro “O carballo con botas” de Anxo Moure. En base a el e para conmemorar este día, plantamos castañas e landras  en botas vellas que trouxeron os nenos e nenas
Agora temos que esperar a que “desperten as sementes” e que medren carballos e castñeiros.

AS ÁRBORES DA ESCOLA

Xoves, Xaneiro 3rd, 2019

Empezamos a traballar no proxecto deste curso “O DESPERTAR DAS SEMENTES” lendo o libro “A árbore da escola” de Antonio Sandoval. Os alumn@s de cada curso, de maneira individual ou en grupo fixeron a árbore que lles gustaría ter no patio do colexio.

Con estes traballos montamos un gran mural na entrada

 

 

ojd