Coñecendo, un pouco máis, a Alameda.

crisdivinomaestro
En colaboración có Centro de Interpretación de  Parques e Xardíns de Belvís e o Concello de Santiago de Compostela,os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron dunha xornada diferente.
É importante coñecer a nosa contorna e por iso, se achegaron ata a Alameda.
 O principal xardín de Compostela é, desde o século XIX, a zona de paseo e de lecer da cidade histórica. Conta con diferentes zonas de paseo, interesantes elementos patrimoniais e unha gran variedade botánica, con máis de 80 especies de árbores diferentes en representación da flora dos cinco continentes.
Xuño 17, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta