VISITA DO SEPRONA

crisdivinomaestro

O pasado mércores día 3 de abril, tivemos no noso colexio unha visita moi especial: SEPRONA.

Este ano, achegouse ao colexio Luis. Estivo na aula de 4º de Educación Primaria e algunhas de Secundaria, para explicar a importancia da súa unidade: Servizo de Protección da Natureza, dentro da Guardia Civil.

Fomos todos conscientes de como debemos comportarnos cada día coa nosa contorna e puidemos observar accións moi negativas de outras persoas coa natureza e os animais. O que nos fixo valorar se é así o que queremos para nós ou se debemos activar o “motor do cambio” para ter un futuro mellor.

O certo é que moitas persoas non se portan ben e fan que xurdan problemas que nós non queremos ter. Non nos gustan. Por iso, compartimos con Luis todas as nosas dúbidas e inquedanzas con respecto a iso. El dounos pautas e bos consellos que levaremos sempre con nós, cando saiamos a desfrutar de ese agasallo tan importante que é a natureza.

GRAZAS Luis! Esperámoste o vindeiro curso.

Abril 5, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta