O COMERCIO XUSTO DA MAN DA NATUREZA

crisdivinomaestro

O Comercio Xusto é aquel que garante aos produtores unha condicións de produción e comerciais dignas, permitindo que se convirtan en actores do seu propio desenvolvemento.

O delegado de Proyde en Galicia, Alfonso V Ruzo, achegouse ata o noso colexio para que todos tomemos conciencia da importancia do Comercio Xusto.

É o día a día de moitas persoas noutros países que esperan unhas boas condicións de vida e traballo. Sempre coidando e beneficiando a natureza.

Puxo en coñecemento o valor doutras formas de consumo que permitan o sostemento do noso planeta.

Comunicounos que en diferentes países de Asia, América ou África levan a cabo procesos agroecolóxicos coas comunidades para que poidan vivir da súa terra sen ter que abandonar os seus fogares xa que en moitos casos a gran riqueza natural dos terreos, nos diferentes países empobrecidos, fan que sexan obxecto de explotación.

Temos un amplo percorrido pero debemos achegar a nosa conciencia ata os lugares que máis o precisan por moi lonxe que estén.

Así que…Busca unha tenda de Comercio Xusto na túa cidade. Anímate!

Marzo 8, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta