COMO NOS TEMPOS DE VELLO!
This entry was posted for ANA MARIA REY and is filed under . MEDIOAMBIENTE E SOCIEDADE, PROPOSTAS DIDÁCTICAS
Arranca a presentación grupal do proxecto didáctico no terceiro ciclo de EPO do proxecto didáctico ó redor da Agricultura Familiar!. Un percorrido nostálxico, pero de plena actualidade, polas terras do CAUREL, a sabedoría dos seus maiores e a VIXENCIA da agricultura urbana en baldíos, terrazas e azoteas das nosas vilas e cidades. VER para CREER!!
Parabéns polo voso traballo,
publicamos este artigo en Blognatura o próximo xoves.
Animade aos nenos e nenas a que conten as súas impresións nos comentarios.
Un saúdo cordial e parabéns de novo.
Susana Vázquez
BlogNatura
Grazas Susana pola achega deste comentario. Estamos a animar aos cativos e tamén as súas familias!!! Como sempre dicimos “queremos blogs vivos e dinámicos” Se non participamos coas nosas opinións e comentarios non sería unha verdadeira ferramenta de comunicación e intercambio! Grazas polo voso recoñecemento! Saúdos dende a coordinación Voz Natura Colexio Divino Maestro e alumnado.
[…] O 2014 é o Ano Internacional da Agricultura Familiar, así, e anticipándose ao lema do próximo curso de Voz Natura “Hortos ecolóxicos escolares”, o alumnado do colexio Divino Maestro de Santiago presenta o seu proxecto didáctico no terceiro ciclo de EPO do proxecto didáctico ó redor da Agricultura Familiar. […]
o profe explicou moi ben e aprendimos moito coñecendo a Xoán do Caurel que nos explico como era o Caurel cando el era xoven.Grazas Sindo e Xoán do Caurel
Sindo explico moi ben e pudimos coñecer a Xoán do Caurel que tamén explico como era o Caurel nos seus tempos
NOS TEMPOS DE VELLO E TAMÉN DEBERÍA SER NESTES.
ESQUECER ESTAS COSTUMES PODE PERXUDICAR A NOSA CULTURA.
Sindo explicou moi ben.Parabens! E coñecimos a Xoán do Caurel,explicou como era o Caurel nos vellos tempos
os nenos temos que empezar axudar na agricultura como Xoán do Caurel porque os señores maiores teñen que descansar moito mais ¡de acordo!
Quero aproveitar a oportunidade que me brinda este blog, para animar os rapaces que tomen este tipo de temas con agarimo e ilusión para así non perder a tradición do pobo galego de traballar as hortas, leiras,parcelas.
Por que agora a xente tende irse para as grandes urbes e non teñen a oportunidade que tiñamos nós cando eramos cativos de axudar aos avós a traballar nas hortas,nas parcelas recollendo as patacas,leiras segando e recollendo a herba etc…
Tamén darlle a noraboa os mestres que poñen todo o seu esforzo para que os cativos participen,colaboren e desarrollen as suas capacidades por aprender.
Noraboa a Ana,Sindo e algun máis que me queda sin citar,seguide así!!!!!!
Un milleiro de grazas aprezado pai e familia por estar sempre ahí alentando, participando, colaborando e confiando na nosa tarefa de educar, neste caso, facendo educación coas familias en comunidade. Seguiremos pois esforzándonos en facer dos nosos alumn@s responsables e críticos cidadáns de futuro.