Coñecendo, un pouco máis, a Alameda.

crisdivinomaestro
En colaboración có Centro de Interpretación de  Parques e Xardíns de Belvís e o Concello de Santiago de Compostela,os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron dunha xornada diferente.
É importante coñecer a nosa contorna e por iso, se achegaron ata a Alameda.
 O principal xardín de Compostela é, desde o século XIX, a zona de paseo e de lecer da cidade histórica. Conta con diferentes zonas de paseo, interesantes elementos patrimoniais e unha gran variedade botánica, con máis de 80 especies de árbores diferentes en representación da flora dos cinco continentes.
Xuño 17, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

ENCONTRO DE SABIOS NUN “MAR DE PLÁSTICO”

crisdivinomaestro

Os alumnos de 4º achegáronse ata a aula dos nenos e nenas de 1º onde exerceron de mestres, cos seus Lapbooks, para explicar e concienciar de todo o que hoxe en día xera o plástico nos nosos mares.

Unha bonita experiencia de aprendizaxe e servizo onde medran, como cidadáns, un pouco máis.

Xuño 9, 2019 | Leave a comment   Etiquetas: ,

Moito ollo! Chega a Vaca Lucy

crisdivinomaestro

Dende o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Pesca leváronse a cabo os obradoiros de acompañamento dentro do Programa escolar de Consumo de leite e produtos lácteos.

Foi unha xornada na que os nenos e nenas de 1º, 2º e 4º de E. Primaria puideron aprender grazas á “Vaca Lucy e a súa pandilla láctea” aspetos novos relacionados co coidado dos animais e a súa contorna, produción e hábitos que debemos ter moi en conta no noso dia a día.

Maio 7, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

DÍA MUNDIAL DE LA TIERRA

crisdivinomaestro

Promovido por el senador norteamericano Gaylord Nelson, el 22 de abril de 1.970 se instauró el Día de la Tierra, con el objetivo de promover una conciencia común sobre los problemas de contaminación, la conservación de la biodiversidad y otras cuestiones relativas a la protección de la Tierra.


Surgió, en un primer momento, como un movimiento estudiantil. En esta primera concentración, participaron 2.000 universidades, 10. 000 escuelas primarias y secundarias, además de otros colectivos. La movilización dio sus frutos y el gobierno norteamericano creó la Agencia de Protección Ambiental y una serie de leyes destinadas al cuidado del medio ambiente.
Progresivamente, la cita se fue consolidando hasta convertirse en un movimiento global en el que diferentes grupos ecologistas aprovechan para revisar los problemas ambientales del planeta y plantear sus reivindicaciones.

Abril 24, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

Xa asoma a primavera no Divino Maestro…

crisdivinomaestro

 

 

 

 

Abril 5, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

Nos importa el agua. Concienciación desde Educación Infantil.

crisdivinomaestro

Con motivo del día internacional del agua, los niños y niñas de Educación Infantil, han trabajado y memorizado un pequeño fragmento del poema de Federico García Lorca (“Agua, ¿dónde vas?”)

Después, valoraron la importancia que tiene en nuestro día a día y cómo debemos respetarla y aprovecharla.

Sin duda, los más peques del colegio ya saben que, entre todos, tenemos cuidar este bien tan preciado.

 

 

Abril 5, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

VISITA DO SEPRONA

crisdivinomaestro

O pasado mércores día 3 de abril, tivemos no noso colexio unha visita moi especial: SEPRONA.

Este ano, achegouse ao colexio Luis. Estivo na aula de 4º de Educación Primaria e algunhas de Secundaria, para explicar a importancia da súa unidade: Servizo de Protección da Natureza, dentro da Guardia Civil.

Fomos todos conscientes de como debemos comportarnos cada día coa nosa contorna e puidemos observar accións moi negativas de outras persoas coa natureza e os animais. O que nos fixo valorar se é así o que queremos para nós ou se debemos activar o “motor do cambio” para ter un futuro mellor.

O certo é que moitas persoas non se portan ben e fan que xurdan problemas que nós non queremos ter. Non nos gustan. Por iso, compartimos con Luis todas as nosas dúbidas e inquedanzas con respecto a iso. El dounos pautas e bos consellos que levaremos sempre con nós, cando saiamos a desfrutar de ese agasallo tan importante que é a natureza.

GRAZAS Luis! Esperámoste o vindeiro curso.

Abril 5, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

DÍA MUNDIAL DEL AGUA

crisdivinomaestro

Desde 1.993, cada 22 de marzo, se conmemora el Día Mundial del Agua.
El objetivo es promover el uso razonable de este recurso y concienciar sobre los problemas que viven numerosas
regiones del planeta por la escasez de agua.
En la actualidad se estima que 1.100 millones de personas no tienen acceso a agua potable de calidad y en cantidad
suficiente. Además, más de 2.600 millones no cuentan con instalaciones de saneamiento adecuadas, según datos de la FAO.
El cambio climático podría agravar esta situación, modificando los ciclos de lluvias y afectando gravemente a
la agricultura y, por tanto, a la alimentación.

 

Marzo 20, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

De onde sopra o vento hoxe?

crisdivinomaestro

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria, estiveron traballando na procura de uns obxectos moi especiais:

É un dos instrumentos meteorolóxicos máis coñecidos e antigos que existen.

O cataventos, emprégase para coñecer a procedencia dos ventos; é dicir, de onde veñen.

Na súa base leva asociadas aspas que indican os catro puntos cardinais e no alto delas podemos atopar a forma dunha frecha (chamada tamén saeta) ou a presenza de incontables figuras de diferentes proporcións para adornalas.

Se votamos unha ollada ao longo da historia, os amáis antigos que atopamos serían os que se construíron sobre o Faro de Alexandría (século III a.C- unha das sete marabillas do Mundo Antigo) e a Torre dos Ventos de Alexandría (século I a C)

Agora toca esperar a que sopre o vento!

Marzo 8, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

O COMERCIO XUSTO DA MAN DA NATUREZA

crisdivinomaestro

O Comercio Xusto é aquel que garante aos produtores unha condicións de produción e comerciais dignas, permitindo que se convirtan en actores do seu propio desenvolvemento.

O delegado de Proyde en Galicia, Alfonso V Ruzo, achegouse ata o noso colexio para que todos tomemos conciencia da importancia do Comercio Xusto.

É o día a día de moitas persoas noutros países que esperan unhas boas condicións de vida e traballo. Sempre coidando e beneficiando a natureza.

Puxo en coñecemento o valor doutras formas de consumo que permitan o sostemento do noso planeta.

Comunicounos que en diferentes países de Asia, América ou África levan a cabo procesos agroecolóxicos coas comunidades para que poidan vivir da súa terra sen ter que abandonar os seus fogares xa que en moitos casos a gran riqueza natural dos terreos, nos diferentes países empobrecidos, fan que sexan obxecto de explotación.

Temos un amplo percorrido pero debemos achegar a nosa conciencia ata os lugares que máis o precisan por moi lonxe que estén.

Así que…Busca unha tenda de Comercio Xusto na túa cidade. Anímate!

Marzo 8, 2019 | Leave a comment   Etiquetas:

Next Page →