Entradas para la categoría ‘Sin categoría’

Rap do Magosto

jueves, octubre 22nd, 2015

Para o Magosto nada mellor que aprender unha nova cancionciña e cantala todos xuntos! Por iso, os nosos mestres de música (Carmela e Gustavo) estannos a ensinar un rap do Magosto. Non é o que escoitaredes a continuación, pero sí válenos para quencer un pouco.

 

Pd.- Veña!! Move a perna, move o pé, move a tibia e o peroné; move a cabeza, move o esternón, move a cadeira nesta ocasioń!!!

Magostea dj!!

embedded by Embedded Video

Que vén/ben que vén/ben… MAGOSTO!!!

miércoles, octubre 21st, 2015

         

  Nun par de semanas celebraremos o      Magosto, e que    mellor que aproveitar os recursos que temos no propio colexio. O noso castiñeiro proveranos de moitas castañas ricas para degustar nese día.

Pero…  non só temos que dárlle grazas ao    castiñeiro, senón a todas esas manciñas que durante estas semanas estiveron recollendo castañas do patio, súper ben nen@s!!

 

“capachos de castañas”

 

 

🙂

ERREmos!!

miércoles, octubre 21st, 2015

keep-calm-and-love-rrr

Para contribuír a solucionar o problema do lixo é necesario que as persoas consumidoras adopten unha serie de usos ou costumes que se resumen na coñecida lei dos tres erres:

  •  REDUCIR quere dicir tirar menos, e para iso é necesario deixar de mercar cousas que non sexan urxentes e facer un consumo racional e responsábel. Trátase de realizar algunhas accións tales como elixir produtos con menos envoltorios, diminuír o uso do papel de aluminio, limitar o consumo de produtos de usar e tirar, ou reducir o consumo de auga e enerxía.
  • REUTILIZAR quere dicir gardar e volver utilizar. Podemos volver utilizar moitas cousas ou darllas a alguén para que poida reutilizalas antes de tiralas ao lixo, como regalar a roupa que non nos serve, comprar líquidos en botellas de vidro retornábel, etc.
  • RECICLAR quere dicir converter unha cousa vella nunha nova. Aínda que hai moitos obxectos que non se poden reutilizar, as súas pezas ou materiais pódense reciclar unha e outra vez

Arrancando blogtores!!!

martes, octubre 20th, 2015

logotransparente24

Benvidos horticultores! 

       Este será o blog que empregaredes para dar a coñecer todo o que fagades no horto do colexio e incluso… para propoñervos retos entre vós!

Deste xeito, participaremos durante este curso no proxecto de Voz Natura que vos permitirá amosar o voso traballo e valorar o de outros colexios.

Con isto e un “gran-horto” comeza a andaina no blogto!! 😆 

 

 

ojd