ERREmos!!

avatar Escrito por "Baia, Baia"...con Laura! (6ºC)
21 de octubre de 2015 a las 17:43h

keep-calm-and-love-rrr

Para contribuír a solucionar o problema do lixo é necesario que as persoas consumidoras adopten unha serie de usos ou costumes que se resumen na coñecida lei dos tres erres:

  •  REDUCIR quere dicir tirar menos, e para iso é necesario deixar de mercar cousas que non sexan urxentes e facer un consumo racional e responsábel. Trátase de realizar algunhas accións tales como elixir produtos con menos envoltorios, diminuír o uso do papel de aluminio, limitar o consumo de produtos de usar e tirar, ou reducir o consumo de auga e enerxía.
  • REUTILIZAR quere dicir gardar e volver utilizar. Podemos volver utilizar moitas cousas ou darllas a alguén para que poida reutilizalas antes de tiralas ao lixo, como regalar a roupa que non nos serve, comprar líquidos en botellas de vidro retornábel, etc.
  • RECICLAR quere dicir converter unha cousa vella nunha nova. Aínda que hai moitos obxectos que non se poden reutilizar, as súas pezas ou materiais pódense reciclar unha e outra vez

Deja tu comentario

ojd