Posts Tagged ‘Cuentos’

O vello Carballo

jueves, abril 26th, 2012

NARRADOR 1: Houbo hai moitos, moitos anos….. un bosque onde todos eran felices…. os animais saían pola mañá para charlar co vello carballo que presidía coa súa maxestuosidade o centro deste bosque.

…..Pero unha longa noite de inverno, un traidor raio caeu no bosque partindo en dous a vella árbore…..

O carballo tiña grandes feridas e cun ton agonizante pediu axuda a tódolos seus veciños.

CARBALLO: Non choredes!, cando eu me vaia xa non voltarei nunca máis(….), pero hay yunha solución….Se prantades unha folla nova do meu irmán, que vive ao outro lado do bosque, neste lugar, prenderá e haberá novamente unha fermosa árbore no meu sitio….será como se nacese novamente….

ESQUÍO: Axudarémosche entre todos! __contestou o esquío con grande firmeza.

COELLO: Ao outro lado do bosque hai un carballo que aínda ten as follas verdes….outono esta a chegar, démonos presa!…Traeremos unha e prantarémola aquí mesmo!….medrarás novamente xoven e vigoroso! (más…)