Archive for the ‘Paula’ Category

A Importancia Das Mulleres

jueves, enero 25th, 2018

Esta tarde puxenme a pensar na miña nai,   nas suas labores, en todo o que facía por min, e de pensar na miña nai, levoume a pensar na miña avoa e da miña avoa a miña bisavoa e así durante toda a xeración de mulleres da miña familia. Toda esta historia fíxome pensar no feminismo.

Este ano os Reis regaláronme un libro sobre dezaoito mulleres da historia que non foron recoñecidas como debían. Os nomes de mulleres que se lembraron no pasado e non deben de ser esquecidas no futuro. Entristeceume moito tantos nomes antigos, de mulleres antigas non recoñecidas. O libro estaba cheo de frases pertenecentes a cada muller como a de Hellen Keller (1880-1968): ” no soy la única, pero aún así soy alguien. No puedo hacer todo pero aún así puedo hacer algo. Y justo porque no puedo hacer todo, no renunciaré a lo que si puedo.”

O feminismo son os dereitos das mulleres polos que moitas loitaron. Se queredes saber o que me gustaría e co que sono, dígovolo: con que non se extinga o feminismo nin os dereitos das mulleres en ningunha parte do mundo. O feminismo e os dereitos das mulleres e algo polo que todos deberíamos, na miña opinión, loitar.

Paula Fernandez Suarez e Ánxela Estévez Montero