Visitamos o programa “Voces de plástico” de Radio Voz A Coruña

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
20 de noviembre de 2019 a las 22:38h

Este mércores visitamos o programa de radio “Voces de Plástico” de Radio Voz A Coruña. Fomos invitados para mostrar o noso proxecto de Voz Natura “Botalle unha man ao plantea”. Proxectoque se está a traballar no colexio neste curso co proposito de reducir a produción de residuos onde  o plástico aparece como principal peligro en calquera das súas representacións. Tamén falamos sobre os problemas actuais do noso día a día e concienciar ainda máis a sociedade dunha Educación Responda e Sostible seguindo o noso lema principal “Pensar a nivel global, actuar a nivel local”.

Instagram de Voces Coruña

Os invitados á radio foron o profesor Fabián Canosa e os alumnos de 6º Leda Tinaquero e Artai Miragaia. Destacar as claras que teñen as ideas e o respecto que teñen estes dous alumnos co medio ambiente, son o reflexo dunha xeración que está moi concienciada cos problemas do noso planeta. Eles foron a voz de todos os nenos e nenas do colexio. Toda a familia do CEIP San Pedro de Visma sabemos a labor tan importante que se esta a facer na formación do alumnado e do profesorado para a concienciación e respecto do medio ambiente.

Agradecer a invitación a Voz Natura e a boa acollida na Radio Voz e o persoal de La Voz de Galicia , en especial a Pablo Portabales e Loreto Silvoso. Un pracer!!

Fabián, Artai, P. Portabales, Leda, L. Silvoso

Artai e Leda

Deja tu comentario

ojd