“O FRACASO ENSINA O QUE NON APRENDES CO ÉXITO”

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
11 de noviembre de 2019 a las 23:03h

O fracaso ensina o que non aprendes co éxito. Frase de Irene Villa, vítima dun ataque terrorista en Madrid no ano 1991, que usa nas súas conferencias onde mostra que as barreiras poñeas un mesmo e danos outra visión de como afrontar o día a día.

Pois sí, isto ten referencia co que vos imos contar nesta entrada. Desta vez, as plantacións feitas no colexio, alí no mes de setembro fracasaron, polo que o máis fácil sería deixalas e esperar ao ano que ven a plantar outras e a ver si conseguimos o éxito. O curso pasado foi todo ben, e as plantacións feitas en setembro tiñan as súas recompensas e poidemos recollelas en decembro. Este curso non vai ser así, as plantacións de repolo fracasaron e para reverter a situación aproveitamos os bancais para plantar Tirabeques e xudias.

Outra das cousas que aprendemos deste fracaso foi actuar ante os insectos que nos demoraron as plantacións. Neste caso por medio do alumnado de infantil, que están a crear uns HOTEIS de INSECTOS. Eso sí, de insectos beneficiosos para as nosas plantacións, que espantan insectos que afectan o que plantamos nos bancais. Estes insectos que creemos que son beneficiosos son as abellas, xoaniñas ou crisopas.Unha vez máis a natureza danos unha leción de vida, sempre axudado do inxenio do alumnado do CEIP San Pedro de Visma.

Deja tu comentario

ojd