Archivo para noviembre, 2019

Os Círculos de Plástico

jueves, noviembre 28th, 2019

Bo día, como comentábamos en anteriores entradas o noso obxectivo é a redución do uso de plásticos. Ainda así, tamén seguimos buscando maneiras para darlle un segundo uso ou unha segunda vida aos plasticos usados.

Nas aulas de infantil para ensinar o círculo, as mestras decidiron usar tapóns e outros restos de plásticos de forma circular. Unha vez aprendido polo alumnado na aula mostran este traballo no corredor do colexio.

 

Visitamos o programa “Voces de plástico” de Radio Voz A Coruña

miércoles, noviembre 20th, 2019

Este mércores visitamos o programa de radio “Voces de Plástico” de Radio Voz A Coruña. Fomos invitados para mostrar o noso proxecto de Voz Natura “Botalle unha man ao plantea”. Proxectoque se está a traballar no colexio neste curso co proposito de reducir a produción de residuos onde  o plástico aparece como principal peligro en calquera das súas representacións. Tamén falamos sobre os problemas actuais do noso día a día e concienciar ainda máis a sociedade dunha Educación Responda e Sostible seguindo o noso lema principal “Pensar a nivel global, actuar a nivel local”.

Instagram de Voces Coruña

Os invitados á radio foron o profesor Fabián Canosa e os alumnos de 6º Leda Tinaquero e Artai Miragaia. Destacar as claras que teñen as ideas e o respecto que teñen estes dous alumnos co medio ambiente, son o reflexo dunha xeración que está moi concienciada cos problemas do noso planeta. Eles foron a voz de todos os nenos e nenas do colexio. Toda a familia do CEIP San Pedro de Visma sabemos a labor tan importante que se esta a facer na formación do alumnado e do profesorado para a concienciación e respecto do medio ambiente.

Agradecer a invitación a Voz Natura e a boa acollida na Radio Voz e o persoal de La Voz de Galicia , en especial a Pablo Portabales e Loreto Silvoso. Un pracer!!

Fabián, Artai, P. Portabales, Leda, L. Silvoso

Artai e Leda

Que fai un golfiño no noso colexio??

lunes, noviembre 18th, 2019

Hoxe recibimos unha estructura con forma de golfiño para seguir a promover o noso proxecto a prol do medio ambiente. O alumnado de formación profesional do instituto Someso de A Coruña, aproveitando as súas prácticas de taller realizaron unha figura de golfiño para o noso colexio. Estamos moi agradecidos!

Que pensades que faremos co golfiño? A ver si acertades para que se vai usar, e mellor ainda, a ver si nos dades novas ideas para o seu uso. 😀

IMAXES DA RECOLLIDA DE LIXO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

lunes, noviembre 18th, 2019

Amósanse as imaxes da recollida de lixo feita polo alumnado de 1º de Educación Primaria, dentro das instalacións do centro e na súa contorna próxima. Unha boa iniciativa a que se sumarán máis clases ao longo do curso.

 

“O FRACASO ENSINA O QUE NON APRENDES CO ÉXITO”

lunes, noviembre 11th, 2019

O fracaso ensina o que non aprendes co éxito. Frase de Irene Villa, vítima dun ataque terrorista en Madrid no ano 1991, que usa nas súas conferencias onde mostra que as barreiras poñeas un mesmo e danos outra visión de como afrontar o día a día.

Pois sí, isto ten referencia co que vos imos contar nesta entrada. Desta vez, as plantacións feitas no colexio, alí no mes de setembro fracasaron, polo que o máis fácil sería deixalas e esperar ao ano que ven a plantar outras e a ver si conseguimos o éxito. O curso pasado foi todo ben, e as plantacións feitas en setembro tiñan as súas recompensas e poidemos recollelas en decembro. Este curso non vai ser así, as plantacións de repolo fracasaron e para reverter a situación aproveitamos os bancais para plantar Tirabeques e xudias.

Outra das cousas que aprendemos deste fracaso foi actuar ante os insectos que nos demoraron as plantacións. Neste caso por medio do alumnado de infantil, que están a crear uns HOTEIS de INSECTOS. Eso sí, de insectos beneficiosos para as nosas plantacións, que espantan insectos que afectan o que plantamos nos bancais. Estes insectos que creemos que son beneficiosos son as abellas, xoaniñas ou crisopas.Unha vez máis a natureza danos unha leción de vida, sempre axudado do inxenio do alumnado do CEIP San Pedro de Visma.

ojd