POLICIAS NO PATIO

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
28 de octubre de 2019 a las 10:19h

Presentamos as patrullas anti plásticos. Seguramente, o normal sería que non tivéramos que facer uso de esta patrulla encargada de recoller plásticos polos espazos de recreo do colexio. Entendemos que o de tirar lixo ao chan debería estar xa máis que adquirido pola sociedade como unha conducta prohibida, ainda que tristemente non é así. É verdade que a nosa función é a de educar na responsabilidade do alumnado e como actuan na sociedade, por iso queremos que sexan conscientes do que provocamos cas nosas pequenas accións diarias.

Estamos educando para cando o alumnado sexa adulto non protesten que non hai suficientes persoas varrendo a cidade, xa que saberán que todo que está tirado pola cidade é responsabilidade de todos os cidadáns. Polo tanto, pretendemos que estas pequenas accións no colexio se convirtan en grandes accións para a nosa cidade, convertindo unha sociedade máis respetuosa co medio ambiente e pensando sempre na convivencia dos cidadáns.

Este é o resultado da recollida de plásticos dunha zona do patio do colexio.

 

Deja tu comentario

ojd