TRANQUILOS, REPARÁMOLO NÓS

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
22 de octubre de 2019 a las 7:52h

Temos un novo grupo! Grupo feito a través da demanda do propio alumnado. Alumnado que da súa propia iniciativa vía que o colexio tiña cousas que arranxar, e eles mesmos demandaron crear este novo grupo de traballo no horario de recreo.

O curso pasado nace este grupo onde o seu primeiro labor era o de ordenar diferentes departamentos e lugares dos patios. Unha vez feito o grupo, decidiuse darlle nunha nova forma a contorna do colexio con novas aportacións, como é o caso desta última. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pediu que se eleminaran as charcas que estaban o lado das porterías. Esa queixa foi recollida polo porfesorado de garda dese patio, e estes trasladaron aviso o equipo de traballo e reparacións. O resultado xa o poden ver nas seguintes imaxes.

Con esta nova proposta deste grupo abrimos ainda máis as opcións do alumnado do centro para sacar proveito e se sintan realizados durante o periodo de recreo. E ainda máis nos sentimos os mestres e mestras deste centro cando a proposta da creación deste grupo foi baixo a demanda do propio alumnado, unha nova lección que nos dan os rapaces aos adultos.

Deja tu comentario

ojd