DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
18 de octubre de 2019 a las 7:27h

Este día da protección da natureza celébrase cada 18 de outubro desde o ano 1972. Xa daquela se discutian aspectos importantes sobre o coidado da natureza e da súa conservación. A día de hoxe é un asunto que está na orden do día. Todos os días tomamos decisións e facemos accións para construir un bo futuro baseado no consumo responsable de recursos naturais.

Para celebración deste día, como docentes, reclamamos que se potencie a educación ambiental, tanto nos centros educativos coma nos concellos e localidades, para así entre todos poder construir un presente e futuro sostible da nosa natureza. Pola nosa parte , todo o que está relacionado co coidado da natureza aí estaremos para formar o noso alumnado o mellor posible, podendo ter prácticas e vivencias diarias do bo facer.

Deja tu comentario

ojd