DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
15 de octubre de 2019 a las 21:45h

As nosas accións son o noso futuro

Esta frase engloba moi ben o que se quere celebrar neste día 16 de outubro, o día mundial da alimentación. Nunca vos preguntástedes cantos alimentos son tirados sen chegar ao prato? si o que comemos diariamente é nutritivo ou é chatarra? si comemos máis produtos utraprocesados que naturais? poderíamos estar a preguntar así todo tempo, pero preferimos que vexades como dende o noso centro, o CEIP San Pedro de Visma ACTUA para que a alimentación sexa a máis nutritiva posible. E como de un colexio estamos a falar, a nosa actuación será EDUCANDO.

  • Cultivo de alimentos nutritivos no colexio, no invernadoiro e horta do centro.
  • Recollida por parte do alumnado de restos inorgánicos para facer compost e usalo na plantación de alimentos.
  • Froita para merendas saudables. Cada semana repártese froita para que o alumnado a tome nos recreos.
  • Menús de merendas saudables. Dende Educación Física, por medio de xogos, o alumnado aprende a distinguir alimentos con nutrientes sanos e alimentos chatarra. Elaboración dun menú variado para as merendas máis nutrientes.

UNHA ALIMENTACIÓN SANA IMPORTA

No seguinte enlace podedes ver más información sobre a importancia da alimentación na nosa vida:http://www.fao.org/world-food-day/home/es/

Enlace a pdf de actividades sobre a alimentación: http://www.fao.org/3/ca4694es/ca4694es.pdf

Deja tu comentario

ojd