Que son os ECOVOLUNTARIOS?

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
7 de octubre de 2019 a las 9:11h

Durante os recreos do CEIP San Pedro de Visma o alumnado organízase por varios departamentos en colaboración coa organización do centro. Unha das organizacións é o grupo chamado “ECOVOLUNTARIOS”. E… en que consiste?

Cada día no horario de recreo, un grupo de nenos e nenas encárganse de colocar polos patios uns caldeiros pequenos onde o alumnado e o profesorado usanos para deixar as mondas e restos de froita ou calquera residuo orgánico. Cando o recreo remata, estes mesmos nenos e nenas que colocaron os caldeiros ao principio do recreo son os encargados de recollelos, para despois levalos ao composteiro. Dito composteiro será uitilizado para o abono das plantacións que levan a cabo durante o curso no colexio.

3 ECOVOLUNTARIOS

Deja tu comentario

ojd