Archivo para octubre, 2019

POLICIAS NO PATIO

lunes, octubre 28th, 2019

Presentamos as patrullas anti plásticos. Seguramente, o normal sería que non tivéramos que facer uso de esta patrulla encargada de recoller plásticos polos espazos de recreo do colexio. Entendemos que o de tirar lixo ao chan debería estar xa máis que adquirido pola sociedade como unha conducta prohibida, ainda que tristemente non é así. É verdade que a nosa función é a de educar na responsabilidade do alumnado e como actuan na sociedade, por iso queremos que sexan conscientes do que provocamos cas nosas pequenas accións diarias.

Estamos educando para cando o alumnado sexa adulto non protesten que non hai suficientes persoas varrendo a cidade, xa que saberán que todo que está tirado pola cidade é responsabilidade de todos os cidadáns. Polo tanto, pretendemos que estas pequenas accións no colexio se convirtan en grandes accións para a nosa cidade, convertindo unha sociedade máis respetuosa co medio ambiente e pensando sempre na convivencia dos cidadáns.

Este é o resultado da recollida de plásticos dunha zona do patio do colexio.

 

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS)

miércoles, octubre 23rd, 2019

Todas as persoas teñen dereito a unha alimentación adecuada. Por este motivo, os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS) da Organización das nacións Unidades (ONU) comprométennos para que actuemos para constribuír a lograr  cambios globais e integrados.

Así empeza o artigo  adicado a nova  exposición “BOCADOS” da Casa do Home, a Domus da Coruña na que se abordan temas que van desde a vida urbana e a educación ata o acceso a auga, a saúde ou a igualdade entre sexos.

Os ODS ten metas específicas que deben acadarse en 2030. Son 17 metas que están relacionada, de forma directa  ou indirecta coa nutrición. Mostramos a continuación unha pirámide de alimentación saudable onde tamén se mide o nivel de SOSTENIBILIDADE  a consumir uns alimentos ou outros, que axudarán a ter un futuro máis sostible e nutritivo.

 

Destácase na base da pirámide: ACTIVIDADE FÍSICA DIARIA, EQUILIBRIO EMOCIONAL, AUGA… en definitiva ESTILOS DE VIDA SAUDABLES que dende o colexio propoñemos a todos o alumnado.

Noticia recollida da Voz da Escola (La voz de Galicia) :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/10/23/span-langglbocados-domus-spanspan-langglcos-obxectivos-desenvolvemento-sostiblespan-roda-do-futurospan-langglao-granspanspan-langgl-piramide-na-esferaspanspan-langglauga-beberspanmens-sana-in-corpore-sanoescola-cocinamarchando/0003_201910SE23P4991.htm

TRANQUILOS, REPARÁMOLO NÓS

martes, octubre 22nd, 2019

Temos un novo grupo! Grupo feito a través da demanda do propio alumnado. Alumnado que da súa propia iniciativa vía que o colexio tiña cousas que arranxar, e eles mesmos demandaron crear este novo grupo de traballo no horario de recreo.

O curso pasado nace este grupo onde o seu primeiro labor era o de ordenar diferentes departamentos e lugares dos patios. Unha vez feito o grupo, decidiuse darlle nunha nova forma a contorna do colexio con novas aportacións, como é o caso desta última. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pediu que se eleminaran as charcas que estaban o lado das porterías. Esa queixa foi recollida polo porfesorado de garda dese patio, e estes trasladaron aviso o equipo de traballo e reparacións. O resultado xa o poden ver nas seguintes imaxes.

Con esta nova proposta deste grupo abrimos ainda máis as opcións do alumnado do centro para sacar proveito e se sintan realizados durante o periodo de recreo. E ainda máis nos sentimos os mestres e mestras deste centro cando a proposta da creación deste grupo foi baixo a demanda do propio alumnado, unha nova lección que nos dan os rapaces aos adultos.

DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

viernes, octubre 18th, 2019

Este día da protección da natureza celébrase cada 18 de outubro desde o ano 1972. Xa daquela se discutian aspectos importantes sobre o coidado da natureza e da súa conservación. A día de hoxe é un asunto que está na orden do día. Todos os días tomamos decisións e facemos accións para construir un bo futuro baseado no consumo responsable de recursos naturais.

Para celebración deste día, como docentes, reclamamos que se potencie a educación ambiental, tanto nos centros educativos coma nos concellos e localidades, para así entre todos poder construir un presente e futuro sostible da nosa natureza. Pola nosa parte , todo o que está relacionado co coidado da natureza aí estaremos para formar o noso alumnado o mellor posible, podendo ter prácticas e vivencias diarias do bo facer.

COIDANDO A CORUÑA, COIDANDO O MEDIO AMBIENTE

jueves, octubre 17th, 2019

O traballo en equipo do alumnado do CEIP San Pedro de Visma vai máis alá das aulas. Desta vez colaboraron co GRUPO NATURALISTA HÁBITAT na retirada de especies invasoras da contorna da Torre de Hércules.O noso centro sempre apoiando ás iniciativas a prol do medio ambiente. POR UNHA CORUÑA SOSTIBLE!!

 

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

martes, octubre 15th, 2019

As nosas accións son o noso futuro

Esta frase engloba moi ben o que se quere celebrar neste día 16 de outubro, o día mundial da alimentación. Nunca vos preguntástedes cantos alimentos son tirados sen chegar ao prato? si o que comemos diariamente é nutritivo ou é chatarra? si comemos máis produtos utraprocesados que naturais? poderíamos estar a preguntar así todo tempo, pero preferimos que vexades como dende o noso centro, o CEIP San Pedro de Visma ACTUA para que a alimentación sexa a máis nutritiva posible. E como de un colexio estamos a falar, a nosa actuación será EDUCANDO.

  • Cultivo de alimentos nutritivos no colexio, no invernadoiro e horta do centro.
  • Recollida por parte do alumnado de restos inorgánicos para facer compost e usalo na plantación de alimentos.
  • Froita para merendas saudables. Cada semana repártese froita para que o alumnado a tome nos recreos.
  • Menús de merendas saudables. Dende Educación Física, por medio de xogos, o alumnado aprende a distinguir alimentos con nutrientes sanos e alimentos chatarra. Elaboración dun menú variado para as merendas máis nutrientes.

UNHA ALIMENTACIÓN SANA IMPORTA

No seguinte enlace podedes ver más información sobre a importancia da alimentación na nosa vida:http://www.fao.org/world-food-day/home/es/

Enlace a pdf de actividades sobre a alimentación: http://www.fao.org/3/ca4694es/ca4694es.pdf

Bo venres!!

viernes, octubre 11th, 2019

Con estas imaxes despedimos a semana. O curso de 3º de Educación Primaria decidiu aproveitar un espazo que estaba sin usar, dito espazo situase no patio, que será usado para facer unhas plantacións propias. O alumnado xunto coa súa mestra serán os encargados de coidala, durante os recreos e os momentos que a mestra considere oportuno para que ese espazo de terra sexa unha boa fonte de inspiración para os aprendizaxes do alumando.

Que son os ECOVOLUNTARIOS?

lunes, octubre 7th, 2019

Durante os recreos do CEIP San Pedro de Visma o alumnado organízase por varios departamentos en colaboración coa organización do centro. Unha das organizacións é o grupo chamado “ECOVOLUNTARIOS”. E… en que consiste?

Cada día no horario de recreo, un grupo de nenos e nenas encárganse de colocar polos patios uns caldeiros pequenos onde o alumnado e o profesorado usanos para deixar as mondas e restos de froita ou calquera residuo orgánico. Cando o recreo remata, estes mesmos nenos e nenas que colocaron os caldeiros ao principio do recreo son os encargados de recollelos, para despois levalos ao composteiro. Dito composteiro será uitilizado para o abono das plantacións que levan a cabo durante o curso no colexio.

3 ECOVOLUNTARIOS

A PLANTAR (setembro 2019)

jueves, octubre 3rd, 2019

Pasaron xa 15 día do comezo do curso, e imos presentar como están os bancais do colexio. Nestas dúas semanas as alumnas e alumnos do CEIP San Pedro de Visma estiveron sementando diferentes especies vexetais. Dende 4º de Infantil a 6 de Primaria cultivaron en primeira persona. Aí van unha serie de fotos:

ojd