ANFIBIOS -tritóns

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
9 de abril de 2019 a las 8:24h

Que sabemos dos anfibios que habitan no terrario do noso colexio?

PINTAFONTES VERDE ( Tritón jaspeado)  macho

PINTAFONTES VERDE ( Tritón jaspeado)  femia

CLASE : Anfibios.

ORDEN : Caudata.

FAMILIA : Salamandridae.

XÉNERO :Triturus.

NOME CIENTÍFICO : Triturus marmoratus.

DESCRIPCIÓN : Grande e robusto, cabeza ancha. Coloración dorsal verde musgo ou oliva con motas oscuras. Ventre gris claro con manchas oscuras.

Lonxitude total ata 16 cm.

DISTRIBUCIÓN : Francia e península ibérica.

HÁBITAT : Todo tipo de ambientes acuáticos.

COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Pon uns 200 ovos pegados en rigleiras nas follas das plantas acuáticas o unas pedars dos estanques. Eclosionan en dúas semanas.

DIETA : Na vida terrestre caza de noite vermes, lesmas, pequenos insectos e arañas. Na auga, en calquer momento: ovos e crías de rá de outros tritóns,pulgas de auga, etc.

PINTAFONTES COMÚN ( Tritón ibérico)

CLASE : Anfibios.

ORDEN : Caudata.

FAMILIA : Salamandridae.

XÉNERO : Lissotriton.

NOME CIENTÍFICO : Lissotriton boscai.

DESCRIPCIÓN : Pequeno, compacto, cabeza co fociño redondeado. Dorso parduzco no macho e pardo aceituna na femia. Ventre de amarelo a laranxa.

Lonxitude total 8-9 cm.

DISTRIBUCIÓN : Oeste da península ibérica.

HÁBITAT : Zonas agrarias perto da auga.

COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Pon os ovos pegados en follas das plantas acuáticas ou nas pedras dos estanques. Eclosionan en dúas semanas.

DIETA : Invertebrados acuáticos: pequenos insectos, crustáceos.

PINTAFONTES ( Tritón palmeado)

CLASE : Anfibios.

ORDEN : Caudata.

FAMILIA : Salamandridae.

XÉNERO : Lissotriton.

NOME CIENTÍFICO : Lissotriton helveticus.

DESCRIPCIÓN : Pequeno, esbelto, cabeza alongada, cola comprimida, unha cinta oscura atravesando os ollos. Dorso parduzco claro con manchas. Ventre amarelo palla.

Lonxitude total 8-9 cm.

DISTRIBUCIÓN : Norte da península ibérica.

HÁBITAT : Gran variedade de medios acuáticos.

COSTUMES : Nocturno na súa vida terrestre e ocúltase polo día. Na reproducción vive na auga. Cortexo con movementos de cola moi vistosos e durante moito tempo. Pon de 200 a 300 ovos, que deixa un a un en follas das plantas acuáticas cuidadosamente dobladas. Con bo tempo eclosionan en dúas semanas.

DIETA : Insectos, vermes e pequenos crustáceos.

Datos de reproducción
Lissotriton boscai (Lataste, 1879)
Lissotriton helveticus
Triturus marmoratus (Latreille, 1800)

Deja tu comentario

ojd