Archivo para enero, 2019

DÍA DA PAZ – RETO 1000 GRÚAS

miércoles, enero 30th, 2019

Hoxe é o día da Paz. Día de emocións, bondade, colaboración, amizade, música… queremos darlle a importancia deste día para que o alumnado sexa consciente da importancia de vivir en paz todos os días do ano, para acadar unha felicidade absoluta, felicidade de como é un mesmo e de compartir cas demáis persoas.

Para conmemorar este día, no centro puxémonos un reto, o reto das 1000 grúas de papel. Consiste en construir 1000 grúas de papel. Neste proceso participaron todo persoal do centro. Destacar a unión dos cursos de 5º e 6º cos máis baixos. Eles, coa axuda dos mestres ensinaron a construir grúas aos cursos máis pequenos.

MÁIS INFO: GRÚAS DE PAPEL

Mostramos imaxes nas que están as 1000 grúas expostas na entrada do colexio

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL – 26 XANEIRO 2019

viernes, enero 25th, 2019

26 XANEIRO – DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

ECOVOLUNTARIOS

  • Axudar ás persoas e aos grupos sociais a que desesenvolvan o seu sentido da responsabilidad e a que tomen conciencia da urxente necesidade de prestar atención os problemas do medio ambiente, para asegurar que se adopten medidas adecuadas ao respecto.
  • Axudar a adquirir valores sociais e un profundo interés polo medio ambiente.
  • Axudar a que adquieran maior sensibilidade e conciencia do medio ambiente en xeral e dos problemas.

Estes son algúns dos obxectivos que pretende a Educación Ambiental. Co motivo da celebración deste día queremos mostrar como no noso colexio non se fai ningunha actividade especial durante esta semana nin este día. Si seguides este blog podedes observar que nós acercámomos a cosecución de ditos obxectivos da educación ambiental todos os días. Somos un colexio no que a educación ambiental está moi presente e está a orde do día. Algunhas das actividades que se fan para concienciar, participar, adquirir actitudes ou capacidades de avaliación con respeto o medio ambiente son moitas. Mostramos hoxe a organización dos ECOVOLUNTARIOS:

  • ECOVOLUNTARIOS: Todos os días nos recreos un grupo de 3 nenos e nenas fanse cargo de repartir por todo o patio do colexio uns caldeiros para que o resto do alumnado e profesorado do centro deposite aí os restos de comida (orgánico). Normalmente son restos de pezas de forita. O acabar o recreo estes mesmos nenos e nenas “ECOVOLUNTARIOS” recollen os caldeiros cheos e lévanos para un dos contenedores de compost do centro. Dito compost será utilizado para a plantación que fai o alumnado durante todo o curso. Este grupo de ECOVOLUNTARIOS será diferente cada día. 

INAUGURACIÓN GALIÑEIRO

jueves, enero 24th, 2019

No CEIP San Pedro de Visma despedimos o ano 2018 inaugurando o novo galiñeiro do colexio. Estabamos ansiosos de poder crear un novo fogar para as nosas galiñas. Todo alumnado e profesorado asistiu o acto no que poidemos escoitar as palabras dos “responsables do galiñeiro”, cortando eles mesmos o lazo no que facia oficial a entrada das galiñas no galiñeiro.

 

 

 

 

 

ojd