Archivo para diciembre, 2018

NADAL SOLIDARIO

viernes, diciembre 21st, 2018

A solidaridade está presente en todos os colexios. No noso caso nestas datas estamos a xuntar alimentos entre todo o personal do centro para donar a unha asociación. Dende o noso colexio queremos seguir fomentando accións solidarias diariamente, donde se melloran habilidade personales propias e melloran as dos demais. Deixovos con unha imaxe onde se representa solidaridade, unión, maxia e felicidade.

Con estas creacións do alumnado do CEIP San Pedro de Visma, queremos desexarvos un bo Nadal!

NADAL SOSTIBLE

martes, diciembre 18th, 2018

Estamos nunha semana máxica, na última semana de colexio antes do Nadal. No CEIP San Pedro de Visma quixemos festexar esta semana pensando no medio ambiente. Todos os cursos crearon árbores de nadal con material de refugallo. A creatividade dos nenos e nenas púxose en práctica reciclando con productos que eles mesmos tiñan nas súas casas. Nas seguintes imaxes podemos ver o resultado final que está exposto na entrada do colexio.

 

 

#MountainsMatter – Para que sirven as montañas?

viernes, diciembre 14th, 2018

O 10 de decembro celebrouse o día internacional das montañas. Queremos compartir esta información co alumnado do centro. Estamos seguros que máis de un sorprenderalle a importancia que teñen as montañas nas nosas vidas.

 

 

Recreación do patio

miércoles, diciembre 5th, 2018

Esta última semana continuamos coa recreación do patio, convertindo simples lugares de paseo por outros mellor utilizables e con un pouco máis de maxia. Os voluntarios da Fundación Repsol viñeron a axudarnos para pintar a granxa no patio de infantil. Este solo é o comezo. seguiremos informando para que vexades o resultado.

Día mundial sen compras

martes, diciembre 4th, 2018

Día mundial sen compras, 25 de novembro de 2018

A medida que se aproximan as festas de Nadal, o comercio, e os medios de comunicación, lanzan sobre os cidadáns a ofensiva consistente en repetir, hasta a saciedade, mensaxes de paz, de amor, e, sobre todo, de consumo. As nosas obligacións de ser felices, bondadosos, solidarios, entrañablemente familiares, alegres e divertidos, únese a máis sagrada de todas, a de comprar.

No noso centro quixemos aportar neste día e construimos novos materiais sen comprar. Realizamos cos alumnos e alumnas materiais de refugallo para despois xogar con este material na aula de Educación Física e no recreo.

 

 

ojd