Archivo para noviembre, 2018

O noso galiñeiro

jueves, noviembre 22nd, 2018

Boas a todos e todas.

Como podedes saber de outros anos, o noso colexio ten un galiñeiro propio. O que o mellor non sabedes é como se organizan os nenos e nenas para levar a cabo as funcións de coidado e mantemento.

De xeito moi resumido decir que temos dous grupos de traballo fixo e un que vai variando.

  • Un grupo de coordinación de horta formado por profesores.
  • Un grupo de cordinación de galiñeiro formado por un profesor e varios alumnos e alumnas: alumnado voluntario que xa o ano pasado facía coidados do galiñeiro. Encárganse de ensinar a novos compañeiros as funcións no galiñeiro (comida, limpeza, ovos,…).
  • Un grupo de coidado de galiñeiro que vai rotando cada dúas semanas: aprenden as funcións importantes no coidado do galiñeiro e axudan a manter todo o espazo en boas condicións.

Todas estas funcións citadas realízanse durante os recreos e o alumnado participa voluntariamente.

Isto é todo. Si vós interesa coñecer as función de ecovoluntarios e voluntarios do material podedes seguir atentos ao Blog.

Exposición AVES DE GALICIA

martes, noviembre 6th, 2018

Nesta última quenda do mes de outubro o alumnado, familias e profesorado tivemos a oportunidade de visitar e aprender cunha exposición de aves de Galicia no noso centro. Esta exposición foi cedida polo CENTRO DE EXTENSIÓN E DIVULGACIÓN DE GALICIA (CEIDA).

ojd