Comezamos!!!

avatar Escrito por CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
22 de octubre de 2018 a las 10:49h

Moi boas compañeiros e compañeiras!!

O grupo de traballo da horta escolar do CEIP San Pedro de Visma quere darvos a benvida a este novo curso no que realizaremos moitas actividades en relación coa natureza. A través deste Blog intentaremos tervos informados de todo o que o noso alumnado fai en relación as actividades de horta, galiñeiro, prantas aromáticas, recollida de lixo, coidado da horta, e outras moitas actividades máis.

Aproveitando esta primeira entrada no blog mostramos a preparación da horta feita polo grupo de traballo do concello que colabora co noso centro neste curso. Este grupo de traballo dedicarase ao coidado e preparación do terreo no que os nosos alumnos e alumnas terán máis facilidades para poder disfrutar e aprender no entorno do colexio.

Nas seguintes imaxes podemos ver a construción de morteiros polo equipo de traballo do concello.

Deja tu comentario

ojd