Archivo para octubre, 2018

Colaboración co grupo Hábitat

jueves, octubre 25th, 2018

Moi boas!

O alumnado do noso centro colaborou co grupo naturalista Hábitat. Esta asociación encárgase, entre outras facetas,  do control de especies invasoras na nosa contorna. A colaboración realizouse esta mañá na contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia.

A especie invasora que se recolleu foi a CARTOBROTUS, procedente de Sudáfrica.

Coñecemos máis as aves

miércoles, octubre 24th, 2018

Esta última semana no CEIP San Pedro de Visma estivemos moi interesados na vida das aves que voan pola nosa zona. Tivemos encontros con profesionales  onde nos deron moita información e curiosidades das aves. O alumnado de 5º de Educación Primaria foi quen de experimentar en primeira persoa a vida das aves pola nosa contorna e participando na instalacións de niños polo parque de Bens. Accedemos a este parque próximo facendo unha pequena camiñata aproveitando así para contemplar a natureza facendo un pouquiño de actividade física.

A plantar!

lunes, octubre 22nd, 2018

Moi boas a todos e todas!!

Como vimos na entrada anterior, o equipo de traballo do concello preparounos moi ben os morteiros e a nosa horta. Agora é o momento dos alumnos e alumnas. É hora de plantar!

Nestas semanas o alumnado do CEIP San Pedro de Visma dedicaronse a facer as primeiras plantacións. Plantaron todos os cursos, desde 4º de Educación infantil ata 6º de Educación Primaria. Neste caso plantamos principalmente repolo e brócoli.

Durante o proceso de crecemento das plantacións o alumnado fará coidado das mesmas ata que se poda recoller o  producto.

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Eduación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria

4º Educación Infantil

5º Educación Infantil

6º Educación Infantil

Comezamos!!!

lunes, octubre 22nd, 2018

Moi boas compañeiros e compañeiras!!

O grupo de traballo da horta escolar do CEIP San Pedro de Visma quere darvos a benvida a este novo curso no que realizaremos moitas actividades en relación coa natureza. A través deste Blog intentaremos tervos informados de todo o que o noso alumnado fai en relación as actividades de horta, galiñeiro, prantas aromáticas, recollida de lixo, coidado da horta, e outras moitas actividades máis.

Aproveitando esta primeira entrada no blog mostramos a preparación da horta feita polo grupo de traballo do concello que colabora co noso centro neste curso. Este grupo de traballo dedicarase ao coidado e preparación do terreo no que os nosos alumnos e alumnas terán máis facilidades para poder disfrutar e aprender no entorno do colexio.

Nas seguintes imaxes podemos ver a construción de morteiros polo equipo de traballo do concello.

Ola mundo!

jueves, octubre 18th, 2018

Benvidos ao blog do CEIP San Pedro de Visma do Blogs Programa VozNatura.

ojd