Voltamos á acción

Empeza o cole no CEIP San Cosme e xa están as nosas cabezas pensando no coidado da natureza.

Os traballos previstos para este curso son:

  • Substituir o valado do horto empregando paléts
  • Instalar bancais para facilitar a plantación.
  • Comezar o estudo do tempo coa nosa estación meteorolóxica.
  • Limpar as praias e os campos.
  • Tamén imos a realizar unha campaña, en colaboración coa biblioteca escolar, de información sobre a importancia do coidado dos mares e redución do consumo de plásticos.
  • Por suposto o coidado de Santo Estevo do Ermo.

 

Publicado en Sin categoría | Deixa un comentario

os instrumentos da clase

Escrito por Gadea e Felipe 3º

Maracas: Cunha botella pequena, a cortamos pola metade, cortamos unhas paias metímolas dentro da botella e pegamos as dúas partes cunha cinta e pintamos o tapón.

Ocarina:Primeiro collimos dez paias e imos cortando de máis grande a máis pequeno ata formar unha escaleira. Despois de todo pegamos as paias que ben quedaron!!!

Banjo:Primeiro cunha tapa de papilla pegamos un pau que decoramos con rotuladores, despois unimos o pau a tapa. Recortamos un círculo de papel e despois pegamos unhas catro  gomas á tapa  e agora soa moi ben.

 

 

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

OS ALBERGUES

Escrito por Gadea e Felipe

Un albergue é o lugar onde os peregrinos durmen unha noite(en casos deidamente xustificados pode ser máis tempo). É para uso exclusivo dos peregrinos que van a pé, en bicicleta ou montados a cabalo. Precísase credencial para poder pernoctar neles e non reservan prazas, asígnanse por orde de chegada.

O albergue público costa entre 5 e 8€(aínda que todavía queda algún que pide donativo voluntario), e o privado costa entre 8 e 12 euros.

Caracterízanse por ser lugares nos que se facilita a interacción co resto de camiñante, con lugares para descansar e preparar as pertenzas e con pouca intimidade.

ALBERGUE DE RIBADEO

ALBERGUE DE RIBADEO(INTERIOR)

ALBERGUE DE BARREIROS

Publicado en Camiño de Santiago | Deixa un comentario

Os peregrinos

Escrito por Fernando e Felipe, 3º de Primaria.

Os peregrinos son as persoas que perecorren o Camiño de Santiago. O camiño realízase a pé, en bicicleta ou a cabalo. Críase que ao facer esforzo Deus lles cumpría os seus desexos.

A palabra peregrino ven do latín, que era a lingua Romana. Do latín derivan as seguintes linguas: español, italiano, francés, catalán, portugués e galego. Peregrino deriva de “peregrinus”, que significaba “ir polos agros”. Á vez, tamén se significaba “que ven do” e que vai ao extranxeiro.

Como ían vestidos os peregrinos da idade media?

Os peregrinos ían vestidos cun sombreiro cunha cuncha de vieira na parte dianteira. Como antigamente non había cantimploras usábanse cabazas.

O Bordón: Chámaselle así ao antigo bastón co que viaxaban os peregrinos da Idade Media. Este bastón, non é igual ao que estamos afeitos ver no noso día a día. Trátase dunha vara longa e recta que supera en altura ao peregrino que a porta.

O zurrón: É moi característica. Trátase dunha pequena bolsa de coiro, adórnase con cunchas de vieira.

O sombreiro: Trátase dun chapeu de á ancha, engádeselle unha cuncha de vieira cando se remata o camiño.

A capa: Antigamente usábase para protexerse do frío, da chuvia…

Co paso do tempo, a vestimenta dos peregrinos cambia.

E como saben os peregrinos por onde ir?

Pois hai como unha especie de rutas marcadas polo seguinte símbolo:


ou por frechas amarelas.

Publicado en Camiño de Santiago | Deixa un comentario

A LENDA DO APÓSTOLO SANTIAGO

Escrito por Gadea e Zaira

3º de primaria

As lendas son historias que poden ser reais ou non pero sempre son adornadas con feitos fantásticos: unhas con dragóns,outras con touros, … Nosoutros vamos contar a lenda do apóstolo Santiago. Deixámonos de explicacións que empezamos.

Segundo a lenda, ao apóstolo Santiago o Maior, fillo de Zebedeo, mandoulo decapitar o rei Herodes Agripa. Os seus discípulos, Teodoro e Atanasio, roubaron o corpo e ocultárono en Galicia, concretamente en Iria Flavia. Pedíronlleron axuda á raíña celta Lupa para levar o cadáver. Lupa, para burlarse deles,  deulles dous touros bravos. Cando os touros chegaron convertíronse en bois e indicaron o lugar onde se tiña que depositar o corpo. Din que a rocha na que pousou tomou a forma do santo. Sobre a tumba levantouse unha pequena construción rodeada de columnas. Os restos permaneceron ocultos e olvidados xa que, por ser época do imperio romano, o cristinismo era perseguido.

Ata que no ano 813 un ermitaño chamado Paio observou no lugar unhas luces no ceo e escoitou uns cánticos que lle contaron que alí estaba o apóstolo. De feito, a palabra Compostela provén de Campus Stellae, que traducido do latín quere dicir Campo de Estrelas. O rumor foi correndo e incluso  o rei asturiano Alfonso II o Casto declárao patrono de España. A pequena capela vaise ampliando e  desde ese momento cada ano van moitos  peregrinos a ver os restos ata a catedral.

Publicado en Camiño de Santiago | Deixa un comentario

Excursión ao castro de Viladonga e a olaría de Bonxe

Escrito por Fernando e Felipe, 3º de Primaria.

O martes 20/3/2018 os alumnos do CEIP San Cosme visitamos o castro de Viladonga. Tamén visitamos museo do castro.

Os castrexos deixaron o castro fai uns 1.500 anos e grazas a que deixaron moitas ferramentas súas e un torques podemos coñecer a súa cultura. Tamén se fixeron reconstrucións do castro. Os castros estaban rodeados por un gran muro de pedra. Había camiños de pedra e os castrexos vixiaban que naide entrara para evitar que alguén invadira, e só lles deixaban pasar aos que non ían conquistar o castro. No castro había moitas casas e era de tamaño mediano.

No museo buscamos elementos relacionados cos castros e cos seus habitantes, os castrexos. Tamén vimos videos explicativos sobre esta cultura antiga.

Na olaría explicáronnos como facer una peza de barro co torno e nos fixemos una sen torno.

A que se dedicaban os castrexos e castrexas?

NENOS E NENAS: XOGAR
ADULTOS: GANDARÍA, AGRICULTURA E PESCA

FOI MOI DIVERTIDO!

 

Publicado en CELTAS | Deixa un comentario

OS AMORODOS

Bruno Arca Fernández. 4º primaria

Os amorodos son unha planta que se reproduce por estolóns (os estolóns son unha especie de reprodución asexual.)

Se replanta buscando o estolón e collendo con coidado para que non rompa. Despois se fai un surco e ponse dentro. Cúbrese de terra, botamos abono e xa está ¡plantada!

 

 

 

 

 

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

A enerxía mareomotriz

Escrito por Fernando, 3º de primaria.

Dende o día 17/1/2018 ata o día 18/1/2018 houbo alerta vermella no mar. Todos pensamos que tanto ondaxe non serve para nada.

Pero as olas poden producir electricidade. E por iso vamos a falar sobre isto neste artigo. A enerxía que producen as olas chámase enerxía mareomotriz.

A enerxía mareomotriz é a que aproveita o ascenso e o descenso das mareas para xerar electricidade producido pola forza graviratoria do sol e da lúa. A enerxía mareomotriz é renovable.

Para obtela instálase un muro que ten unha turbina dentro. Entón a auga das olas chega con moita forza e fai que se mova a turbina. É moi parecido aos encoros.

Publicado en ENERXÍA | Deixa un comentario

Entrevista

Entrevista de Laura a Ramón

L: Boa tarde,…..

R: Ola, boa tarde.

L: Teño entendido que mañá vai un grupo de persoas  a Bruxelas a falar sobre o Santo Estevo. Quenes vades exactamente?

R: En realidade, vamos un grupo de persoas de toda Galicia representando a diferentes colectivos culturais que nos estamos a mobilizar pola defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización (Plantación masiva de eucaliptos).

L: Que é o que queredes?

R: Poñer en coñecemento da Eurocámara a desfeita que está a causar a industria madeireira do eucalipto no patrimonio natural e cultural galego, ademáis da deixadez e inacción das administracións autonómica e estatal ante o cumprimento da Lei de Montes por parte das empresas da celulosa.

L: A quen vos vades dirixir?

R: A tódolos eurodeputados, representantes de partidos políticos dos diferentes países que conforman a Comunidade Económica Europea. Agardamos que países comprometidos co medio ambiente, como Alemania, principal consumidora da pasta de papel extraida dos eucaliptos galegos, sexa consciente dos estragos que se están a producir no noso patrimonio por culpa da plantación masiva e  monocultivo desta árbore invasora, desprazando ademáis as nosas árbores autóctonas e destruindo espazos naturais e ecosistemas enteiros.

L: Cres que as autoridades non son conscientes da importancia da conservación dos recursos naturais?

R: As autoridades son plenamente conscientes, pero os intereses económicos son maiores que os ecolóxicos e medioambientáis. O poder económico das grandes empresas fai que as autoridades estexan ó servizo do capital.

Publicado en SANTO ESTEVO | Deixa un comentario

Na miña casa…

Como xa diciamos no noso primeiro vídeo Voz Natura: “No cole de San Cosme coidamos a natureza”. Pero non só iso, nas nosas casas tamén temos unha ampla conciencia sobre o coidado do medio e sabemos cales son os pequenos xestos que podemos levar a cabo para colaborar no coidado do noso prezado planeta.

Por iso, damos por inaugurada a sección “Na miña casa…”onde cada un de nos explicaremos o que facemos nos fogares para protexer o medio.

Publicado en Na miña casa... | Deixa un comentario