A nosa estación meteorolóxica

Para saber o tempo, o C.E.I.P San Cosme instalou no patio unha estación meteorolóxica. Indica moitos datos: a data e a hora, a temperatura, o vento, a presión atmosférica, a humidade, a precipitación, a intensidade dos raios do sol, o estado do ceo e as fases da lúa. Todos os días ás 11 : 00 un alumno recolle a pantalla que hai na estación e anota os datos rexistrados.

A estación foi adquirida para o desenvolvemento do proxecto voz natura. Ademais, co paso dos anos veremos o efecto do quecemento global: a falta de precipitacións e o aumento da temperatura; producido pola contaminación e o desxeo dos polos.

Este luns xa empezamos a rexistrar datos e esta mañá enviámoslle á delegación de AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía) un correo para formar parte dos 3000 colaboradores dela. Ademais, en marzo danlles premios aos 3 mellores colaboradores e homenaxea aos que non conseguiron gañar o galardón.

Todo o alumnado deste colexio está moi contento pola nosa nova estación meteorolóxica.

Ah, por certo, temos unha nova páxina web, este é o enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsancosme/

Esta entrada foi publicada en METEOROLOXÍA. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *