Especies invasoras en Santo Estevo do Ermo

Escrito por Fernando, 4º de Primaria.

No monte Santo Estevo hai especies invasoras, que non son autóctonas da zona; algunhas destas son pirófitas, é dicir, arden con moita facilidade. Algunhas destas especies, onde se plantan, non medra nada máis. Agora amosámosvos algúns exemplos que vimos na nosa excursión a este lugar.

  • O EUCALIPTO: Esta árbore é moi pirófita e invasora. Procede de Australia. Cando hai un incendendio forestal ten unhas cortizas que arden e, co vento, espárcense e prenden lume a outras árbores. No Santo Estevo hai unha finca de eucaliptos preto dos merendeiros e poidemos observar moi ben esas cortizas. Isto fai como un fósforo para esas plantas. Ademais, se talamos un eucalipto, créanse sementes e medran moitos mais dos que habían. Outro problema que teñen é que como medran tan rápido sácanlles os nutrientes a outras árbores Por iso, a maneira de evitar estes desastres é non plantando eucaliptos.
  • AS ACACIAS: Estas plantas arden moi facilmente. No Santo Estevo encontramos unha acacia mimosa, estaba xusto ó lado da finca dos eucaliptos. O seu hábitat  natural son os lugares preto do ecuador.

Pero polo lado bo, Ramón Becerra intentará facer Santo Estevo espazo protexido a nivel local. Outro problema é que agora os acivros pódense cortar e antes non.

Neste monte tamén temos uns bosques, que son de árbores autóctonas de Galicia e medran sen que ninguén as plante.

Esta entrada foi publicada en SANTO ESTEVO. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *