Sementando nabos

Ola a todos e a todas!!

Neste artigo queremos contarvos acerca dunha actividade que fixemos o alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria fai unhas semanas e que foi plantar as sementes de nabos.

Tiñamos pensado plantalos nos bancais, pero a falta deles houbo que buscar unha alternativa e foi tirar da reciclaxe de garrafas de plástico.

Os nabos son unha planta de inverno pertencente á familia das crucíferas. Poseen importantes cantidades de vitamina C e algunhas do complexo B, ademáis de minerais coma o potasio, sodio, calcio, fósforo, magnesio, zinc, iodo e selenio. Ademáis, dise que o seu aporte en glucosinolatos ten propiedades antitumoirais aparte de ser unha boa fonte de fibra.

En Galicia consumimos as súas follas (grelos, nabizas) no caldo galego ou acompañando os cocidos, ainda que non é a única forma de degustalos. Antigamente o caldo era a base da alimentación de moita xente, chegando a comerse no almorzo.

Foi unha mágoa que non os poidesemos plantar no horto porque prenderon moi ben. Nesta imaxe podedes apreciar os brotes ao cabo dunha semana.

Nesta os brotes teñen aproximadamente entre dúas e tres semanas.

Vémonos na próxima!!

Esta entrada foi publicada en HORTO ESCOLAR e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *